A nova tipoloxía dos Ancares: as uralitallozas

O nome de "Uralitallozas" aprehendino da amiga Helena Villar Janeiro que, nunha conversa privada, me dixo que non deberían ser chamadas Pallozas ás edificacións dos Ancares que non estaban cubertas con palla, senón con uralitas ou chapas metálicas.

Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 08/03/2015

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Os asentamentos dos Ancares, do Courel, e en xeral todas as serras que unen Galicia con Asturias e León, están caracterizados por constituír aldeas compactas compostas de edificacións ovaladas, tamén rectangulares, construidos os muros con cachotaría, estrutura de madeira e cuberta de colmo (palla). 

Foron declaradas pola Xunta de Galicia como BIC (bens de interese cultural) pola relevancia que teñen e tiveron na nosa historia e na evolución da arquitectura tradicional e no urbanismo rural. Esa declaración implica que os seus propietarios teñen que mantelas en boas condicións de mantemento e ornato, o cal supón un investimento de preto de 20.000 euros en palla.

Ata hai pouco tempo, podían obter subvencións a fondo perdido, pero na actualidade os cartos públicos non chegan, pero tampouco hai palla porque o rural estase desertizando e non se cultiva cereal para ter palla.

Un problema difícil de resolver: O mantemento dun Patrimonio de valor incalculable, sen cartos, sen palla, con moitas dificultades. Deberían declaralas Área de Rehabilitación Integral, como os cascos antigos máis relavantes, para ter subvencións da Xunta e do Ministerio, pero tamén son necesarias políticas de fomento de rehabitación do rural, de manter a custodia do rural galego.


Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.

Máis artigos de Carlos Coto aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook