Artigos de Paisaxe Maltratada - Carlos Coto

Combarro: Alúgase apartamento ecolóxico frente o mar

Chámolle ecolóxico porque non ten consumo eléctrico nin de calefacción, respirase a brisa do mar, con vistas espectaculares sobre a Ría de Pontevedra, o peirao e os hórreos de Combarro.

Facerse autónomo non significa autosuficiente

Vendo este pendello, mal rematado, sen respecto ningún pola fermosa paisaxe que o arrodea e sen sequera cumprir a normativa do solo rústico, dá a clara impresión de que o fin non xustifica os medios, e que o mito da creación de emprego non pode asoballar á nosa terra, ao noso territorio.

Van as autoridades de Cospeito á misa?

As Normas Subsidiarias Provinciais obrigan ás obras realizadas a menos de 100 metros das igrexas e capelas a someterse á autorización previa e vinculante da Comisión Provincial de Patrimonio Histórico.

O Carballiño ten máis problemas que o do polbo

O prestixioso arquitecto galego con éxito fóra do País, don Antonio Palacios deseñou este fermoso conxunto arquitectónico e escultórico, de estilo ecléctico e na súa liña que xa ensaiara no Templo Votivo do Mar, en Panxón. En base ao proxecto de 1942, foise construindo ata o seu remate no ano 1960.

Pimentos de Padrón: uns pican e outros non

Chama a atención á entrada de Herbón, que é a parroquia padronesa na que se cultivan os famosos "Pementos de Padrón", a carón da propia estrada xeral, a plena luz e ben visible, ver este invernadoiro que por mor dos temporais foi perdendo a súa pel plástica, deixando entrever que tras dela hai unha construción de ladrillo.

Na Mostra de Encaixe de Camariñas

Edificios fóra de escala, valo de bloques sen recebar, entullos de lixo e unha terraza hostaleira pouco axeitada á imaxe de Excelencia Turística que o Concello de Camariñas quere amosar.
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook