Xmas Time, a apliación galega para facer videochamadas en tempo real con Papá Noel

Por Galicia Confidencial | | 05/12/2018 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

Xmas Time lanza a primeira aplicación na que os nenos viven unha experiencia 'real' falando con Santa  Claus a través de dispositivos. A través dunha videochamada en tempo real, os cativos contactan con Santa Claus.

Xmas Time.
Xmas Time.

Alén da chamada atópanse os familiares dos nenos, os cales asumen o papel de Santa mantendo unha conversa en directo con eles. Así, poden ver en todo momento as reaccións dos pequenos.

Xmas Time  reinventa a lenda de Santa Claus na pantalla do móbil ou tableta. Grazas á  app, os nenos non descobren que detrás de Santa están os pais, xa que se  distorsiona a voz e escoitan a de Santa Claus. 

A aplicación supera as 80.000 descargas que conseguiron só coa súa versión beta.

Os nenos poderán experimentar tamén unha experiencia similar coa chegada dos Reis Magos coa nova app que permitirá aos máis pequenos manter videochamadas co seu paxe favorito mentres os pais tentan negociar con eles unha carta de agasallos máis concisa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta