O xefe da Policía Xudicial que investigou aos 'Miguelianos' declara que o diñeiro era para o "lucro" do líder

"Miguel Rosendo tiña un control total sobre a vida desas persoas" afirmou o axente que dirixía o operativo.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/11/2018 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

O xefe da Policía Xudicial que dirixiu a investigación da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, declarou este mércores que "case todo o diñeiro era para que se lucrasen Rosendo e o seu círculo", facendo referencia ao líder dos "Miguelianos", Miguel Rosendo e o grupo da súa confianza, formado pola súa familia e outros membros do grupo que residían con el.

Xuízo de Miguelianos
Xuízo de Miguelianos

Durante a vixésimo segunda sesión do xuízo coñecido como o dos "Miguelianos" na Audiencia Provincial de Pontevedra, prestaron declaración cinco gardas civís que participaron nas dilixencias da investigación do grupo.

O axente que dirixiu a investigación, declarou que "comprobaron" que as "propiedades" de Rosendo "non eran acorde coa actividade laboral" que levaba adiante e que "sabían" que había aportacións de diñeiro para a asociación, pero que "eles sempre dicían que non tiñan diñeiro para nada".

Durante o seu testemuño relatou que o líder dos "Miguelianos" era o "monotema" das declaracións e dentro da documentación recollida. "Rosendo tiña un control total da vida desas persoas", asegurou. Todo o procedemento da investigación iniciouse despois de que o detective privado, que declarou este luns, entregase o seu informe á Garda Civil, segundo manifestou no xuízo.

Os axentes confirmaron que recolleron mostras para tentar buscar restos de semen nas residencias dos "Miguelianos" en Collado Villalba (Madrid) e na "Casa Nai", no concello pontevedrés de Mougás, que foi o "persoal de laboratorio" o que recolleu as mostras. 

MOITOS MOVEMENTOS BANCARIOS

O terceiro axente da Garda Civil que ofreceu o seu testemuño este mércores, apuntou que recolleron "moitísimos datos financieiros", pois había "moitos movementos bancarios e moitas contas".

Entre outras cantidades, delcarou que constan "75.000 euros nunha conta a nome de Rosendo", documentación dun "orzamento para a construcción de máis dun millón de euros" e unha anotiación manuscrita que dicía:"necesito que poñades nas miñas mans 500.000 euros, dádemos a min", que foi atopada no despacho do líder da Orde, aínda que non se lle pode atribuir porque non se fixeron pobras caligráficas. 

Por outra banda, este axente apuntou que encontraron un "diario" de Marta Paz, considerada a número dous da Orde, onde constaban anotacións de "como facer para conseguir diñeiro" e "cartas dela recoñecendo o seu amor" onde afirmaba que "prefería morrer que deixalo".

Os gardas civís dixeron ademais, que nos "soportes informáticos" incautados buscaban "documentación contable, fotografías e calquera documento con posible contido sexual". As defensas intentaron demostrar que a investigacións foi "deficiente" e destacaron que non se aportou para a causa toda a documentación da mesma. O xuízo reanúdase este xoves, cando está previsto que declaren testemuñas propostas polas defensas, a quen "non escoitaron", segundo os letrados, na fase de instrucción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta