Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/11/2018 | Actualizada ás 12:11
Os cativos do Porriño poderán achegarse ás novas tecnoloxías o vindeiro sábado 10 de novembro grazas ao proxecto crea R, un taller organizado polo operador galego R. O obradoiro, centrado na robótica, pretende potenciar a creatividade e espertar o espírito emprendedor entre a xente máis nova.
Neste taller de formación, os nenos de entre 7 e 13 anos aprenderán a realizar un prototipo tecnolóxico empregando placas e material reciclado (cartón, plástico, cordas...) para o deseño da estrutura. Construirán coches para que aceleren ou incluso robots que camiñen. Deste xeito, xa non só serán consumidores de tecnoloxía, senón que tamén pasarán a creala eles mesmos. Ao mesmo tempo, estarán desenvolvendo as súas habilidades comunicativas e o traballo en equipo.
O evento terá lugar na Escola Municipal de Música 'Centro Cívico de Louro' a partir das 10.00h. Tras o seu paso polo Porriño, este proxecto visitará a localidade de Santa Comba e a Mobile Week Coruña.
ACTIVIDADES PARA PAIS E TITORES
Por outra banda, esta compañía telefónica levará as charlas nativos R ao concello de Cee este venres 9 de novembro. Será no marco dunha actividade dirixida a aquelas persoas máis afastadas da cultura tecnolóxica -pais, titores ou mesmo avós- que conviven con esoutra xente nova que xa naceu nesta era das pantallas e teléfonos intelixentes. A meta é afrontar con máis seguridade o reto de educar con máis seguridade ás novas xeracións e derribar mitos e tópicos creados arredor da Internet.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.