Localizada e trasladada a un centro hospitalario a muller de 69 anos desaparecida o venres en Ourense

Ao redor das dúas da madrugada deste sábado foi localizada en Ourense con algunhas mazaduras María Isabel Rodríguez Vila, unha muller de 69 anos, á que se lle perdeu a pista no lugar do Castro de Beiro e que foi atopada na estación de autobuses da cidade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 11:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Ao redor das dúas da madrugada deste sábado foi localizada en Ourense con algunhas mazaduras María Isabel Rodríguez Vila, unha muller de 69 anos, á que se lle perdeu a pista no lugar do Castro de Beiro e que foi atopada na estación de autobuses da cidade.

Segundo informou a Policía Nacional de Ourense, ao parecer o último lugar no que foi vista na tarde deste venres foi nunha barbaría situada na rúa Valle Inclán. No entanto, ao ter activado no seu móbil unha aplicación de posición, o último punto no que se localizaba a súa pista era en Castro de Beiro, polo que a procura dirixiuse a este lugar con efectivos policiais, cans e demais efectivos.

Durante a noite continuouse coa procura. Ante a imposibilidade de voar o helicóptero durante a noite, colaborou a unidade de drones da Xefatura Superior de Policía de Madrid con plataforma con unidade térmica para localizar persoas.

O lugar de procura foi unha zona triangular, situada entre a estrada de Vigo á altura do supermercado Lidl, o Piñeiro e o final de Castro de Beiro.

Finalmente, a muller foi localizada ao redor das 2 da madrugada nas inmediacións da estación de autobuses. Foi atopada polo vixiante do lugar, que deu o aviso ao 092, que foi quen se fixo cargo da desaparecida e do seu traslado a un centro hospitalario. Segundo informa a Policía Nacional, a muller padece Alzheimer.

A Policía Nacional de Ourense indicou que a muller presentaba lixeiras lesións tales como rozaduras e mazaduras propias de andar polo monte entre a maleza, ademais de sensación de frío.

Na procura da muller tamén participou o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), mediante o emprego de drones.

Así, tras a petición que a Policía Nacional de Ourense fixo chegar ao 112 Galicia, a pasada noite sumouse o equipo do GALI ao operativo, no que tamén participaron a Policía Local e membros de Protección Civil de Ourense e de Barbadás.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta