A parella de Sonia Iglesias e un irmán del declararán como investigados esta tarde

Julio Araújo, parella de Sonia Iglesias cando desapareceu en agosto de 2010 e pai do seu fillo, declarará durante a tarde deste mércores como investigado, así como un irmán del de nome David, segundo informaron a Europa Press fontes da investigación.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2018 | Actualizada ás 13:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Julio Araújo, parella de Sonia Iglesias cando desapareceu en agosto de 2010 e pai do seu fillo, declarará durante a tarde deste mércores como investigado, así como un irmán del de nome David, segundo informaron a Europa Press fontes da investigación.

Unidade de Subsolo da Policía Nacional
Unidade de Subsolo da Policía Nacional | Fonte: Europa Press

A medida de tomarlles declaración a ambos en calidade de investigados adóptase despois das case 12 horas de rastrexo desenvolvidas este martes nunha propiedade da familia Araújo en busca do corpo da muller pontevedresa. Polo momento non se produciron detencións.

A última persona que viu con vida a Sonia Iglesias foi precisamente Julio Aráujo, quen para os familiares da desaparecida sempre estivo no punto de mira e chegou a estar imputado, pero o caso arquivouse en abril de 2015.

Unha vez que o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, especializado en Violencia sobre a Muller, reabriu a causa sobre a desaparición de Sonia Iglesias, leváronse a cabo novas dilixencias practicadas baixo segredo de sumario.

Entre os novos pasos, este martes durante case 12 horas, especialistas policiais inspeccionaron unha casa e un terreo próximos ao cemiterio de San Mauro, en Pontevedra, propiedade da familia de Julio Araújo. Ambos residiron nesta casa antes do nacemento do seu fillo, que tiña 9 anos de idade no momento da desaparición da súa nai.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta