Ferido cun traumatismo na cabeza un traballador após caer dunha altura nunha nave en Santiago

Un home resultou ferido ao sufrir un traumatismo na cabeza após caer dunha altura de máis de dous metros mentres traballaba nunha nave situada no Polígono do Tambre en Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2017 | Actualizada ás 13:56 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido ao sufrir un traumatismo na cabeza após caer dunha altura de máis de dous metros mentres traballaba nunha nave situada no Polígono do Tambre en Santiago de Compostela.

Segundo informou o 112 Galicia, aínda que o traballador estivo en todo momento consciente, foi evacuado por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias para ser atendido do golpe que recibiu na cabeza.

En concreto, foi un particular quen alertou ao persoal do 112 Galicia pouco antes das 11,00 horas, após o que o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención de Urxencias sanitarias e das forzas da orde. Tamén foron informados os bombeiros da cidade.

No momento no que sufriu o accidente, o ferido estaba a realizar labores de construción nunha nave situada na Rúa Isaac Peral do Polígono do Tambre.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia medicalizada que levou ao Hospital Clínico de Santiago ao ferido, M.V.V., de 61 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta