Prisión provisional e sen fianza para o home detido en Ourense por atropelar e non socorrer a un motorista

O Xulgado de Instrución número 2 de Ourense decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para H.A.A., o home de 58 anos detido o pasado domingo após arroiar supostamente a un motorista cunha furgoneta e non prestarlle auxilio, por considerarlle responsable dun delito de homicidio en grao de tentativa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2017 | Actualizada ás 15:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 2 de Ourense decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para H.A.A., o home de 58 anos detido o pasado domingo após arroiar supostamente a un motorista cunha furgoneta e non prestarlle auxilio, por considerarlle responsable dun delito de homicidio en grao de tentativa.

Os feitos tiveron lugar ás 15,40 horas do 26 de novembro á altura do número 7 da rúa Basilio Losada, no barrio da Ponte, cando o Fiat Escudo que conducía o detido golpeou por detrás á motocicleta na que circulaba J.V.C., de 57 anos.

Fontes da Policía Local explicaron que a furgoneta pasou por encima do motociclista, que se atopa "en estado moi grave" ingresado no Complexo Hospitalario Universitario Ourensán (CHUO).

Á súa chegada, a Policía Local atopouse o furgón parado uns metros máis adiante do lugar do sinistro e o condutor relatoulles que non se detivo inmediatamente "porque se asustou".

Por iso, abriuse unha investigación policial para determinar como se produciu o suceso e se houbo algunha intención no accidente do domingo.

O Servizo de Emerxencias de Galicia, o 112, confirmou o pasado domingo recibir unha chamada dun particular que relataba os feitos e explicaba que, após o golpe, o condutor non prestou axuda á vítima e continuou a súa marcha.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta