Por Galicia Confidencial | Londres | 27/10/2017 | Actualizada ás 17:22
O xornal británico The Guardian —referente entre a prensa de tendencias de esquerda no Reino Unido— publicou este venres un mapa de Europa no que o medio sinala as rexións onde existen claras aspiracións de independencia dos Estados nos que están integradas. Nese grupo non aparece Galicia. É obvio, polo tanto, que para o xornal británico o movemento secesionista en Galicia non ten suficiente peso político e social.
Nese mapa si sinala, ademais de a Cataluña —que este mesmo venres foi proclamada República independente no Parlament daquel país—, Euskal Herria (Euskadi, Navarra e País Vasco francés); malia que o PNV, no Goberno vasco, segue apostando por manterse integrado no Estado español, pero coas maiores garantías autonomistas que se gozan en España, o independentismo mantense forte e mantén viva a aspiración de ser Estado.
O resto de rexións identificadas son o Condado de Istria (Croacia), Moravia (República Checa), Silesia checa (República Checa), Alta Silesia (República Checa, Polonia, Eslovaquia, a Terra Székely (Rumanía), as illas de Bornholm e Feroe (Dinamarca), Lombardía (Italia), Véneto (Italia), Sicilia (Italia), Tirol do Sur (Italia), Córcega (Francia), Flandes (Bélxica), a Rexión Valona (Bélxica), a Bretaña (Francia), Baviera (Alemaña), Irlanda do Norte (Reino Unido), Escocia (Reino Unido) e Gales (Reino Unido).
O xornal publica breves explicacións das características de cada unha destas rexións, baixo o título 'Máis aló de Cataluña: movementos independentistas en Europa'.
asas
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.