Só se mantén o incendio de Cervantes (Lugo), que se espera extinguir ao longo desta mañá

Despois da intensa vaga de incendios que afectou a Galicia durante os últimos días da semana pasada, este venres só se mantén pendente de extinción un incendio, en concreto na parroquia de Noceda, no municipio lucense de Cervantes, segundo informaron a Europa Press fontes da Conselllería do Medio Rural.

LUGO | 20/10/2017 | Actualizada ás 10:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Despois da intensa vaga de incendios que afectou a Galicia durante os últimos días da semana pasada, este venres só se mantén pendente de extinción un incendio, en concreto na parroquia de Noceda, no municipio lucense de Cervantes, segundo informaron a Europa Press fontes da Conselllería do Medio Rural.

Este incendio en Cervantes permanece controlado e os equipos de loita contra os incendios esperan poder deixalo extinguido ao longo da mañá deste venres, segundo informaron as referidas fontes.

Polo momento están pendentes os labores de perimetrado, polo que se descoñece a superficie exacta calcinada por este lume, que se declarou o pasado venres 13 de outubro pola noite e que arrasou terreos da Rede Natura no municipio de Cervantes. Neste municipio lucense, ademais de na parroquia de Noceda tamén se produciu outro lume en Donís.

A Xunta mantén a cifra estimada da superficie queimada durante a pasado fin de semana na vaga de incendios que arrasou Galicia. A estimación provisional da que se dispón ata este momento é de ao redor de 35.500 hectáreas, aínda que fontes da consellería indicaron que están a tentar "afinar" máis esta cifra, á que habería que engadirlle as 12.600 hectáreas que xa arderan no que ía do 2017, o que supón un total de 48.100 hectáreas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta