Condenados a 14 anos de prisión os agresores do párroco de Santa Rita de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 14 anos de prisión a cada un dos agresores do párroco de Santa Rita, na cidade de Vigo, por un delito de roubo con violencia e outro de lesións agravadas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2017 | Actualizada ás 11:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 14 anos de prisión a cada un dos agresores do párroco de Santa Rita, na cidade de Vigo, por un delito de roubo con violencia e outro de lesións agravadas.

En concreto, a sentenza condena aos dous agresores a catro anos de cárcere por un delito de roubo con violencia e a outros 10 por lesións agravadas ao párroco, octoxenario, que arrastra importantes secuelas da agresión.

A maiores, prohíbeselles aproximarse á vítima por un período de oito anos unha vez cumprida a condena de maior duración e a indeminzala con máis de 429.000 euros polas súas secuelas e lesións, e con 9.500 euros máis por gastos de rehabilitación. A irmá do párroco, que agora se encarga de coidalo, tamén recibirá unha indemnización fixada en 60.000 euros.

A sentenza recolle como feitos probados que na tarde do 8 de outubro de 2016, os dous condenados, guiados "por un ánimo de enriquecemento ilícito", entraron na Igrexa de Santa Rita de Vigo co pretexto de solicitar unha confesión do párroco.

Unha vez en dependencias do despacho do sacerdote, un dos homes agarrou ao párroco por detrás, mentres que o outro collía as chaves da caixa de caudais, onde se apoderou de 700 euros. Tamén se fixeron con xoias e o reloxo e as lentes da vítima.

Dado que o sacerdote, octoxenario, se resistiu, os agresores zarandeárono e arroxárono ao chan, onde "lle propinaron varias patadas e golpes na cabeza".

SECUELAS

Os golpes recibidos na cabeza provocaron ao párroco un hematoma subdural agudo que lle causou múltiples secuelas, como a incapacidade de andar ou realizar actividades básicas para a vida, así como "alteración de funcións cerebrais superiores en grao moderado-grave".

Actualmente, o home atópase ingresado na residencia sacerdotal Nosa Señora da Guía e necesita da axuda constante da súa irmá por problemas de mobilidade e de capacidade para alimentarse, entre outras circunstancias.

Para o tribunal, existe "material incriminatorio suficiente para obter un pronunciamento de condena" contra os agresores, baseado, sobre todo, na declaración da vítima e de testemuñas que o viron despois da agresión.

Do mesmo xeito, tamén se tivo en conta a reconstrución que se fixo da saída dos agresores desde a Igrexa e ata que colleron un taxi, apoiada por gravacións das cámaras de seguridade de diversos establecementos da zona. A estas probas "únense as contradicións patentes e evidentes das declaracións dos acusados", recolle o auto.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta