Portugal pídelle á Xunta e a Feijóo “unidade” e non “queixas ou división”

O número dous do Goberno portugés destaca que os lumes “non saben de fronteiras”, tras as críticas galegas ás autoridades portuguesas por non controlar as lapas no seu territorio.

Por Galicia Confidencial | Portugal | 17/10/2017 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O ministro dos Negocios Estranxeiros de Portugal, Augusto Santos Silva, afirmou, en Luxemburgo, que a situación é “moi difícil” en Portugal e en Galicia, pero esixiulle ao Goberno galego e ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, “unidade e determinación e non queixas recíprocas ou divisións”.

Incendio en Portugal
Incendio en Portugal

Unhas declaracións que o minsitro fixo tras participar este luns nunha reunión de xefes de diplomacia da Unión Europea (UE) e tras as declaracións da Xunta e de Feijóo criticando ao Goberno portugués por non controlar os lumes no seu territorio e que acaban entrando en Galicia. “De nada serven queixas recíprocas, porque os incendios non coñecen fronteiras”, comentou ao respecto Santos.

Cuestionado sobre o alegado malestar das autoridades galegas coa falta de capacidade de Portugal para apagar os seus lumes que "saltaron o (río) Miño", o 'número dous' do Goberno portugués defendeu que a actual situación "esixe é unidade, e non de divisións".

“Non coñezo esa declaración, por tanto non podo comentar. Agora, nós vivimos, en particular na faixa occidental na Península Ibérica, unha situación moi difícil, mesmo moi difícil, e as situacións moi difíciles esixen de unidade e determinación, e non queixas recíprocas ou divisións”, concluíu.

Protección civil europea

Sobre a ativación do mecanismo europeo de protección civil, Santos Silva confirmou que Portugal “agarda aínda unha resposta, e unha resposta positiva”, mais comprende que “as circunstancias son difíciles para todos”. “Pedimos tamén apoio a varios países. A Italia xa respondeu, facilitando dous medios aéreos. España, Francia e Marrocos están neste momento a afrontar tamén incendios preocupantes nos seus propios países. Por tanto, estamos a tentar mobilizar todos os medios e toda a solidariedade europea necesaria cando enfrontamentos calamidades desta dimensión”, indicou.

O xefe de diplomacia admitiu que o actual mecanismo europeo ten que dotarse de medios que non ten actualmente, porque "as alteracións climáticas existen", unha "consecuencia obvia para todos" é que, cada vez máis regularmente, é necesario lidar con "fenómenos extremos, sexa inundacións, incendios ou outras calamidades".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferrolan do pisco

¿PERO SR. MINISTRO DE PORTUGAL: que vai pedir a un burocrata ...incapace ,cuia paralise para. a xestión ,ocasionou estragos e vitimas