Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2024 | Actualizada ás 19:43
As precipitacións sostidas na última semana elevaron a reserva hídrica de Galicia ao 88,16% da súa capacidade, dous puntos por encima da media da semana anterior, que era de 85,7%, segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Concretamente, a conca do Miño-Sil atópase con 2.641 metros cúbicos embalsados, o que supón o 87,2% da súa capacidade, lixeiramente superior á semana anterior cando era do 86,9%.
Pola súa banda, Galicia Costa estará ao 92,7% da súa capacidade, fronte ao 80,6% da semana anterior na que experimentara un notable descenso.
En ambos os casos, as dúas concas están situadas por encima dos datos rexistrados a mesma semana do ano pasado e, así mesmo, por encima da media da última década.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.