O Breogán, dous de dous

O Cafés Candelas lucense vence 85-63 a CB Prat e segue invicto tras dúas xornadas. Leyma Coruña perdeu na casa 71-76 con Oviedo e Río Ourense Termal encaixou a terceira derrota 89-80 contra Sammic Hostelería.

Por gcdeportes | Lugo / A Coruña | 11/10/2017 | Actualizada ás 00:04

Comparte esta noticia

Ficha técnica
CB Breogán 85:
Christian Díaz (0), Salva Arco (19), Lofberg (10), Demetrio (6), Matt Stainbrook (14) –cinco inicial- Guille Rubio (11), Ricardo Uriz (2), Fuzaro (14), Cigoja (3), Sergio Quintela (6), Beltrán (0) e J.A. López (0).
CB Prat 63: Jeff Coby (9), Andriuskevicius (4), Josep Pérez (9), Marc Blanch (9), Campbell (6) –cinco inicial- Agada (19), Gerbert Martí (0), Marlon Johnson (6), Portugués (1) e Marc Sesé (0).
Parciais: 17-15, 22-16 (39-31), 25-17, 21-15 (85-63).
Árbitros: Daniel Pazos e Iyán González. Excpulsaron por cinco faltas a Gerbert Martí.
Incidencias: partido da 3ª xornada da LEB Ouro no Pazo Provincial dos Deportes.

Matt Stainbrook e Salva Arco, os mellores contra Prat.
Matt Stainbrook e Salva Arco, os mellores contra Prat. | Fonte: @CBBreogan

Chegaba CB Prat con dous triunfos en dous partidos, pero en Lugo encaixou unha malleira. Tralo partido aprazado co Valladolid, Cafés Candelas Breogán regresou á competición de novo no Pazo e acadou a segunda vitoria, por 85-63, en dous partidos. Salva Arco foi o máximo anotador con 19 puntos, seguido por Matt Stainbrokk, 14 e 6 rebotes, e Danilo Fuzaro, outros 14 puntos. O domingo ás 18.00 horas, visita a Lleida, que leva dúas derrotas e este mércores xoga en Huesca.

Tras uhn primeiro tempo igualado (17-15), Breogán comezou a abrir oco no segundo acto cos puntos de Matt Stainbrook. Chegou a ter trece de vantaxe (39-26), pero ao descanso o marcador reflectía un 39-31. Un mal comezo de terceiro cuarto obrigou a Natxo Lezcano a parar o partido. Os lucenses recuperaron a concentración e volveron abrir unha fenda: 64-48 a dez minutos do final. A renda seguiu medrando no último acto, e Lezcano acabou dando entrada a Rubio e José Antonio Lóoez. Ao final, 85-63. Cunha excelente defensa, o Breo deixou o rival en 63 puntos, dominou o rebote con claridade (46-24) e anotou 9/24 en triplas, por un pésimo 3/17 (18%) rival.

Ficha técnica
Básquet Coruña 71:
Jorge Sanz (9), Trevor Cooney (11) Gilling (20), Dmtry Flis (15), Hernández-Sonseca (12) –cinco inicial- Mike Torres (4), Ángel Hernández (0), Jesse Chuku (0) e Sergio Olmos (0).
Oviedo Baloncesto 76: Fran Cárdenas (10), Víctor Pérez (4), Maynard (10), Belemene (9) e Mouhamed Barro (16) –cinco inicial- Oliver Arteaga (8), Davis Geks (10), Santana (9), Rinkunas (0) e Karahodzic (0).
Parciais: 20-23, 18-16 (38-39), 19-8, 14-29 (71-76).

O Leyma tirou no último cuarto todo o traballo feito anteriormente. Chegou aos últimos dez minutos con dez puntos de vantaxe (57-47), pero perdeu o norte e encaixou un parcial de 14-29 para acabar perdendo 71-76. Nos seis primeiros minutos do último acto, os laranxas tan só anotaron unha canastra, obra de Jonathan Gilling. Con dous tempos mortos, Gustavo Aranzana non puido evitar encaixar un parcial de 2-16 que puxo a Oviedo por diante. Leyma estivo a un punto cunha tripla de Trevor Cooney, pero o rival anotou 9/10 en tiros libres nos últimos dous minutos. O banco coruñés tan só anotou catro puntos (Mike Torres), e xogadores como Sergio Olmos, Ángel Hernández ou Jesse Chuku quedaron sen anotar. Tras tres xornadas, unha vitoria e dúas derrotas dos coruñeses.

Gilling, o mellor nos coruñeses, loita por un balón con Barro.
Gilling, o mellor nos coruñeses, loita por un balón con Barro. | Fonte: feb.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta