A Xunta destina 181.000€ en propaganda da educación pública tras aumentar os concertos privados

A Consellería de Facenda destinará máis de 400.000 euros para diversas campañas institucionais nos grandes medios de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/08/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Este luns o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a orde da Consellería de Educación pola que se aproban os concertos educativos para o período dos próximos seis cursos, desde 2017-2018 ata 2022-2023. Uns concertos que aumentan en 21 unidades con respecto a orde anterior e que sitúan ao Goberno de Feijóo como uns dos principais impulsores da educación privada e concertada dos últimos anos.

Colexio privado feminino
Colexio privado feminino

De feito,  na actualidade, o diñeiro público serve para financiar 3.913 centros concertados –moitos deles vinculados a entidades relixiosas--, que dan servizo educativo a 86.000 estudantes en centros privados de educación infantil, primaria, secundaria, especial e formación profesional. O ensino concertado supón xa ao redor do 25% das prazas de escolarización en Galicia e o orzamento destinado ronda xa o 11% da Consellería de Educación.

Unha decisión que foi xa moi criticada por partidos da oposición e sindicatos que acusaron á Xunta de "blindar" os concertos con centros que separan por sexo. 

Diñeiro para propaganda

E, a pesar deste aumento da privatización da educación pública, o Goberno galego destinará máis de 185.000 euros en propaganda para defender a importancia da educación pública. Así, acaba de contratar os servizos dunha axencia de comunicación que investirá ese diñeiro baixo a campaña publicitaria "A cultura e a educación como servizos públicos de referencia". Un contrato que depende da Consellería de Facenda. Tamén esta mesma consellería gastará 225.000 euros noutra campaña para “vender” a importancia do “Fondo Social Europeo-FSE”. 

A Consellería de Facenda gastará con estas dúas campañas máis de 406.000 euros en propaganda e publicidade institucional que insertará nos medios de comunicación de sempre, é dicir, os grandes xornais galegos como La Voz de Galicia ou Faro de Vigo, entre outros, e emisoras de Radio como a Cadena Cope, Radio Voz ou a Cadena Ser, entre outras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Buleblue

¿Para cuando empezamos a dejar a los ciudadanos que escojan de verdad el modelo educativo que quieren para sus hijos? Países como Suecia y Dinamarca tienen cheque escolar y aquí seguimos manteniendo colegios públicos de los que huye todo el que puede.

3 BeneB

O que eu entendo daquí é que todos poñemos cartos públicos para manter organizacións privadas con fins non de interese xeral ¿é? Ábranse as hemerotecas para resgardar os antecedentes.

2 Inaudito

Como Pablemos en Madrí que sempre apoia a pública pero di que a concertada ben e que como moito non ampliará demasiado se goberna

1 comunista independentista

Xa comprobamos que mal lle foi á concertada e á privada en Galiza co bipartito PSdeG/Bloque.

1 Gamela

Cando estabamos a piques de ELIMINAR as subvencións aos colexios do Opus Dei chegou un ministro que revolveu toda a lexislación, especialmente a letra pequena, na que se eliminaba nas subvencións a obrigatoriedade dun ensino inclusivo sen discrimación por sexo! O responsable desta fontanería fina vive en París coma un marahá xunto a súa maharaní Montserrat Gomendio !!! Quen se beneficia do ensino privado? http://vientosur.info/spip.php?arti... Que eu saiba NIGUÉN pediou o CESE fulminante do Embaixador de España ante a OCDE. http://gamela00.blogspot.com.es/201... Seica andan ocupadas viaxando a Caracas mentras o Opus traballa tódolos días de Dios! https://i.gal/gamela07

1 Menos falar e máis facer

Que ben nos iría se todos traballásemos tanto como os do Opus!!! Eles teñen uns valores circios que son envexábeis.

2 Gamela

se traballasemos para o ben común... pois traballar para engordar a Obra (calquera Obra!) nin é envexable nin serviría para nada (agás para adoutrinar!)