Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 16/08/2017 | Actualizada ás 12:00
“Dende Esquerda Unida manifestamos a nosa repulsa fronte ao maltrato e tortura animal, desta vez manifestado no espectáculo taurino que tivo lugar esta fin de semana en Pontevedra no que se manifestaron centos de persoas, e que ano tras ano vén financiando a Deputación de Pontevedra a cargo dos orzamentos públicos”, indica a formación comunista, que non detalla en que consiste o suposto financiamento.
A crítica chega malia que o pleno da Deputación aprobou en 2015 que a provincia sería territorio libre de touradas. Este ano a administración provincial, gobernada por unha coalción de PSdeG e Bloque, volveu a tomar postura contra a tauromaquia, ao posicionarse contra a rebaixa no IVE ás touradas.
Centos de persoas marcharon o sábado polas rúas da capital do Lérez contra as touradas. EU apela a este rexeitamento social para conseguir unha “Galicia libre de corridas de touros e maltrato aos animais”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.