O PSdeG acusa do "atranco" en dependencia á Xunta, que o nega mentres esixe financiamento ao Estado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reivindicou as políticas autonómicas en materia de dependencia, en resposta a unha interpelación, no pleno do Parlamento galego, dos socialistas que demandaron medidas urxentes polo "atasco", dixo a deputada Silvia Longueira, nos procedementos.

Todo iso nun pleno con reproches mutuos sobre a xestión a nivel autonómica, no caso dos socialistas, e de estatal, no da conselleira. "Pertence ao partido político dos morosos", replicou ao asegurar que en lugar de achegar o Estado a metade dos fondos -- e a outra metade a Xunta--, está a achegar "o 70% Galicia e o 30% Sánchez".

Ao termo das intervencións, a deputada socialista pediu que a conselleira retirase este cualificativo, algo que rexeitou o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, ao situalo no debate político.

Nel, a conselleira situou en 6.900 as renovacións de oficio e rexeitou que medidas como o Bono para o Coidado no Fogar vaian supor "un aforro" para as arcas autonómicas. Do mesmo, asegurou que beneficia xa "a máis de 18.000 dependentes".

"Falta á verdade, Galicia é das primeiras comunidades autónomas con máis persoas atendidas", sinalou ao cifrar en máis de 73.000 as que reciben atención.

PRESTACIÓNS

Foi en resposta a unha interperlación do grupo socialista, a través da súa deputada Silvia Longueira, sobre como se afrontarán no próximos catro anos os problemas, dixo, na atención á dependencia. Así, denunciou un colapso no sistema polos dependentes actuais e os que están á espera.

"Só chegan a percibir as prestacións os que están en grao de máxima dependencia, nalgún concello hai acumulados máis de 800 dependentes", citou, entre outros datos.

A iso, sumou os Bonos Residencia e o Bono de Coidados no Fogar anunciados durante a campaña electoral. "Unha medida galáctica porque os servizos municipais nada sabían", sentenciou.

"Por unha banda critica ao Goberno galego por investir máis fondos en coidados a dependentes no fogar pero, por outro lado, aplauden a xestión do Goberno de Sánchez que incumpre, ano tras ano", dixo sobre as achegas estatais en materia de dependencia.

"É mentira", manifestou Longueira que asegurou que Galicia está entre as comunidades "que baixou a súa achega cando o Goberno as incrementou". "Na provincia de Ourense, 4.000 persoas están a esperar polo recoñecemento do seu dereito á dependencia", aseverou tamén para expor, fronte aos bonos, "desatascar" os servizos para axilizar os procedementos.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participa, por videoconferencia, na reunión extraordinaria do Pleno do Consello Territorial de Servizos  Sociais e do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia (SAAD) /  CONCHI PAZ - Europa Press / Europa Press
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participa, por videoconferencia, na reunión extraordinaria do Pleno do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia (SAAD) / CONCHI PAZ - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta