A CIG denuncia o bloqueo da negociación do novo convenio por parte da patronal

"Seguimos instado á patronal a que reflexionen, sempre poderemos falar, pero partindo da retirada desa decisión", remarcan desde o sindicato

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

Os traballadores da sanidade privada na provincia da Coruña protagonizaron este martes unha nova concentración en Ferrol, no hall de entrada do Hospital Ribera Juan Cardona, onde volveron a denunciar o bloqueo da negociación para lograr un novo convenio por parte da patronal.

A protesta desenvolveuse durante unha hora, entre as 10,00 e as 11,00 horas, onde o responsable de CIG, Miguel Tizón, avanzou que continuarán co calendario de mobilizacións ata que a patronal se abra a negociar un novo acordo.

"A patronal bloqueou a negociación, presentándonos unhas medidas de recorte e buscando ir a unha mediación", aseverou antes de incidir en que rexeitan "negociar un recorte". "O convenio colectivo está para regular e para negociar, non para que nos recorten", aseverou.

Tizón lembrou que o calendario de protestas que ten aprobado "finaliza no mes de maio" e que, se "a patronal segue bloqueando" veranse abocados a "subir o ton" das protestas.

"Seguimos instado á patronal a que reflexionen, sempre poderemos falar, pero partindo da retirada desa decisión", remarcou Tizón, que tamén sinalou á Consellería de Sanidade, á que piden que entre en "xogo" pois os centros privados "están a atender en gran medida á sanidade pública".

Protesta de persoal da sanidade privada na provincia da Coruña. CIG
Protesta de persoal da sanidade privada na provincia da Coruña. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta