Evacúan o persoal dunha nave de Narón por un incendio nun cadro eléctrico

O incendio foi extinguido polos bombeiros sen que se estendese ao resto do inmoble

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

Un incendio declarado no cadro eléctrico dunha nave de Narón obrigou a desaloxar, por precaución, a todo o persoal que traballaba no inmoble, aínda que non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o incidente produciuse ás 12,20 horas deste martes nunha nave situada na avenida dos Ceramistas do polígono Río do Pozo.

O incendio foi extinguido polos bombeiros sen que se estendese ao resto do inmoble, aínda que decidiron evacuar a todo o persoal ante a acumulación de gases que podía producirse a consecuencia do lume.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta