Os 'populares' de Santiago denuncian "inquiokupación" na cidade e opóñense a declarar a cidade zona tensionada

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, denunciou que "a dramática situación de vivenda no barrio do Ensanche é consecuencia das políticas do BNG e do PSOE nas últimas décadas".

"Hai milleiros de pisos baleiros sen pór no mercado porque os propietarios non queren, ou non se fían e non poñen eses pisos en aluguer. Por que? Porque hai problemas de 'inquiokupación': xente que entra na vivenda e de súpeto no terceiro ou cuarto mes deixan de pagar ou estragan as vivendas", reprobou nun comunicado.

"Neste sentido, resulta entendible que moitos propietarios non estean dispostos a pór os seus pisos en aluguer xa que se atopan totalmente desprotexidos", agregou, antes de lamentar que "a solución do BNG a este problema sexa dicirlles a eses propietarios, que xa non se atreven a alugar as súas vivendas, que agora ademais van decidir por eles a que prezo se teñen que alugar".

Así, explicou que a declaración de zona tensionada o que suporá é "menos pisos no mercado e un incremento dos prezos nas zonas non tensionadas, unha política que o que fará é acabar definitivamente coa vivenda en Compostela".

"AXUDAR AOS COMPOSTELÁNS A VOLVER"

En fronte, expuxo pór en marcha "unha operación retorno de todos os veciños que queiran volver á súa cidade". "Temos que axudar aos composteláns que están a vivir en Bertamiráns, O Milladoiro ou Sigüeiro e queren volver", aseverou.

Para iso, insistiu, "fan falta políticas pensadas para pór no mercado os máis de 6.000 pisos baleiros e non políticas que leven precisamente para o efecto contrario, retirar pisos do aluguer e que aumenten o número de vivendas baleiras".

Neste sentido, destacou tamén que, "cuantos máis pisos en aluguer, máis baratos van ser, polo que o principal é garantir seguridade xurídica aos propietarios para que poñan os seus pisos a disposición".

O PP de Santiago pide ao BNG 'entendemento' co novo goberno da Xunta. PARTIDO POPULAR DE SANTIAGO
O PP de Santiago pide ao BNG 'entendemento' co novo goberno da Xunta. PARTIDO POPULAR DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta