Denuncia ser agredido por catro homes que se fixeron pasar por policías

Noutras ocasións a vitima, de Fisterra, xa foi agredido pola súa relación co menudeo de droga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Un veciño de Fisterra interpuxo unha denuncia ante a Garda Civil tras recibir unha malleira por catro homes que se fixeron pasar por policías.

Segundo fontes da Benemérita consultadas por Europa Press, os feitos ocorrerían na zona da Insua, en Fisterra, cando un coche con luces azuis, segundo relatou a suposta vítima, deulle o alto.

A pesar de que non se trataba dun vehículo serigrafiado, catro persoas identificáronse como policías, aínda que ían vestidos de paisano. Nese momento, o home asegura que o agrediron.

Outras fontes consultadas por Europa Press indicaron que este mesmo home xa fora agredido noutras ocasións pola súa presunta vinculación coa venda de droga por menudeo, polo que podería tratarse dun axuste de contas.

Ambulancia nunha emerxencia no rural galego
Ambulancia nunha emerxencia no rural galego | Fonte: A. Chamadoira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta