Case 200 hectáreas queimadas nos incendios de Cerdedo-Cotobade, Rois e Barreiros

O forte vento do luns axudou a que aumentara a virulencia do lume. Todos están xa estabilizados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2024 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Son case 200 as hectareas queimadas nos varios incendios activos en Galicia das últimas horas. A Consellería do Medio Rural informou dun novo incendio forestal detectado na localidade pontevedresa de Cerdedo-Cotobade na medianoite do martes, estabilizado no mediodía deste martes, pero que queimou 30 hectáreas de terreo. 

Incendio de Rois chegando á AC-301
Incendio de Rois chegando á AC-301 | Fonte: Grupo de WhatsApp

Fontes da Consellería consultadas por Europa Press explicaron que se tivo constancia do lume minutos despois das 01.00 horas e afecta á parroquia de Santiago de Caroi. Mobilizáronse para a súa extinción un técnico, 11 axentes, 22 brigadas, 13 motobombas, unha pa, dous avións e tres helicópteros.

Por outra banda, a Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado na localidade coruñesa de Rois foi estabilizado pasadas as 05.00 horas deste martes, afectando xa a unhas 100 hectáreas. O incendio comezou minutos antes das 18.00 horas deste pasado luns e para a súa extinción mobilizáronse ata o momento tres técnicos, 29 axentes, 31 brigadas, 27 motobombas, dúas pas, catro avións e cinco helicópteros. En concreto, está a afectar á parroquia de Herbogo.

Pola súa banda, pasadas ás 03.30 horas foi controlado tamén o incendio de Barreiros, que se reavivou na tarde deste luns tras comezar a arder o venres. Calcúlase que afecta a unhas 17 hectáreas.

A Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

AUTORA DUN INCENDIO EN CORISTANCO

Por outra banda, axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Dirección Xeral de Defensa do Monte identificaron á presunta autora de varios lumes na parroquia de San Xusto, no concello coruñés de Coristanco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta