Rueda tira das orellas á conselleira de Medio Rural: "Foi desafortunado dicir que os lumes están no ADN de Galicia

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 22/04/2024 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recoñeceu que as declaracións da nova conselleira de Medio Rural, María José Gómez, nas que relacionaba a intencionalidade dos incendios forestais con "o ADN galego" non foron "afortunadas". "E así llo comentei a ela", apostilou Rueda.

Así o admitiu o líder do Executivo galego este luns, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta que, por primeira vez desde o Goberno de Gerardo Fernández Albor, non tivo lugar un xoves, senón un luns. "Non foron unhas declaracións afortunadas, dígoo así. E tamén llo comentei a ela", afirmou Roda que, con todo, incidiu na "enorme intencionalidade" detrás de moitos dos incendios forestais que se rexistran en Galicia.

Ademais, "agora que se achega a tempada estival", advertiu a todos os "posibles incendiarios" de que "todo o peso da lei caerá sobre eles".

"VAI NO ADN DE GALICIA"

O pasado xoves, a preguntas da prensa antes de participar en Santiago nun encontro de coordinación sobre a loita contra a velutina, María José Gómez sinalaba que os incendios da semana pasda rexistrados en Galicia son "probablemente intencionados". "Vai no ADN de Galicia", afirmou. "Están a vir uns días de seca, con nordeste, vento forte, e xa sabedes o que pasa, non?", remarcaba.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, en declaracións aos medios. XUNTA
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, en declaracións aos medios. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta