Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2024 | Actualizada ás 11:35
Galicia foi a cuarta comunidade na que máis prazas de Médico Interno Residente (MIR) ofertadas nas especialidades de Medicina de Familia e Comunitaria en Atención Primaria quedaron sen cubrir, 63. E iso, a pesar das reclamacións da Xunta de que o problema da atención primaria en Gaicia é por falta de prazas no concurso do SNS.
Este venres concluíu o prazo de adxudicación na Formación Sanitaria Especializada, que nesta convocatoria ofertaba 2.492 prazas no conxunto do Sistema Nacional de Saúde (SNS), a máxima marca da historia, das que quedaron vacantes un total de 459, o 18,42%.
A ministra de Sanidade, Mónica García, xa confirmou este venres que haberá unha convocatoria extraordinaria de prazas para MIR se no actual proceso ordinario para a asignación das 8.772 prazas para Médico Interno Residente (MIR) en España, que comezou o pasado 9 de abril e finalizou este venres, quedaban vacantes.
Concretamente, non se cubriron 459 vacantes na especialidade de Medicina de Familia e Comunitaria, fronte ás 202 sen cubrir no primeiro chamamento do ano pasado. Das vacantes, Cataluña é a que máis prazas de médico de familia deixou sen cubrir, con 98. Séguenlle Castela e León (81), Andalucia (64), Galicia (63) e Estremadura (61).
Ademais, tamén quedaron vacantes prazas vacantes nesta especialidade en Aragón (22), Baleares (19), A Rioxa (17), Castela-A Mancha (10), Asturias e Navarra (oito cada unha), País Vasco (seis) e Murcia e Ceuta (unha cada unha).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.