O PSdeG di que a cota catalá é "irrealizable": "Está fóra da marxe da Constitución"

"Están dispostos a ceder en todo con tal de manter no poder a Pedro Sánchez", sentenciou Paula Prado en alusión a PSdeG e BNG, antes de incidir en que "cada vez que din si a Sánchez, din non a Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2024 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario e aspirante á Secretaría Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a proposta dunha cota catalá formulada por Esquerra Republicana é "simplemente irrealizable". En declaracións aos medios este venres, o socialista lembrou que a Constitución e os diferentes estatutos é unhas cotas para o País Vasco e para Navarra. Son as únicas situacións excepcionais aceptadas por todos os españois e aceptadas pola propia Constitución", dixo para subliñar que "está fóra da marxe da Constitución".

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa | Fonte: AGOSTIME - Arquivo

PAULA PRADO PIDE A PEDRO BLANCO QUE NON "TENTE CONFUNDIR"

A secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado, manifestou que espera que o delegado do Goberno, Pedro Blanco, "saiba o que son" as entregas a conta e "non tente confundir con outra cousa" como, di, fixo o seu predecesor José Ramón Gómez Besteiro. Así rebateu Prado as palabras do representante do Executivo central en Galicia que este venres cualificou de "rotundamente falsas" as declaracións realizadas polo presidente galego e o conselleiro de Facenda en funcións en relación ás entregas a conta para Galicia, apuntando que estas "se incrementarán" en 2024 aínda a pesar da prórroga dos orzamentos e que a comunidade recibirá unha "cifra marca".

"A ver se é verdade e os que amenten non son eles", replicou Prado nunha rolda de prensa na que denunciou que a falta duns novos orzamentos no Estado pola negativa a elaboralos do Goberno central "traducirase na extensión" de "as peores" contas" da historia" para Galicia. "Están dispostos a ceder en todo con tal de manter no poder a Pedro Sánchez", sentenciou Prado en alusión a PSdeG e BNG, antes de incidir en que "cada vez que din si a Sánchez, din non a Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta