Uns 150 nenos coruñeses quedan sen campo de fútbol no que adestrar

Os nenos que forman parte do clube de fútbol Batallador S.D. da Coruña estiveron dende a pandemia adestrando de seis a oito da tarde nos campos pertencentes á Real Federación Galega de Fútbol, grazas a que os grandes equipos da provincia adestraban menos tempo. Agora que todo volve á normalidade, dende o Concello da Coruña, segundo indica o vicepresidente do clube, Fernando Méndez Galán, non lles dán alternativa.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 05/02/2024 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia