Os nenos que forman parte do clube de fútbol Batallador S.D. da Coruña estiveron dende a pandemia adestrando de seis a oito da tarde nos campos pertencentes á Real Federación Galega de Fútbol, grazas a que os grandes equipos da provincia adestraban menos tempo. Agora que todo volve á normalidade, dende o Concello da Coruña, segundo indica o vicepresidente do clube, Fernando Méndez Galán, non lles dán alternativa.
Juan Carlos I abandonou Sanxenxo o 1 de agosto, tras navegar máis de dez horas e despois de alzarse co trofeo da regata XXIV Trofeo Hotel Carlos I Silgar. Agora, esta será a cuarta visita a España desde que se trasladou en agosto de 2020 a Emiratos Árabes Unidos, e será a terceira vez que o exmonarca visita Galicia durante este ano.
  comenta   0
Así se define o Tuxuleires, o equipo de rugbi compostelá inclusivo. Nado en 2022 é agora un proxecto do Centro Sociocultural Don Bosco que se crea coa pretensión de explorar camiños de desenvolvemento social e compromiso coa educación en valores.
  comenta   0
O proceso de aprendizaxe en idades temperás é totalmente natural, case pasivo e inconsciente. Este luns, 26 de setembro, celébrase o Día Europeo das Linguas.
  comenta   0
Pedro Esmorís foi o seu adestrador cando só era un cativo. Deste atleta viveirense, que acaba de facer historia nos Xogos Olímpicos, destaca a súa humildade, compañeirismo e as súas condicións físicas e mentais.