Vinte anos de prisión por abusar sexualmente de tres menores? Isto é o que pide a Fiscalía de Pontevedra

Tamén reclama que se lle impida desempeñar actividades que impliquen contacto con menores por un tempo total de 32 anos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2023 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro martes, día 19, o xuízo contra un home acusado de agredir sexualmente a unha menor, abusar sexualmente de maneira continuada doutra e de violar a unha terceira, coa que ademais tiña parentesco. No escrito de acusación fiscal recóllese que os feitos denunciados tiveron lugar en varias ocasións en diferentes lugares do partido xudicial de Santiago entre os anos 2012 e 2016.

En concreto, o Ministerio Público acusa o home dun delito de agresión sexual de forma continuada, dun delito continuado de abuso sexual e de violar a unha menor coa que gardaba parentesco. Son, en total, tres vítimas menores.

En conxunto, solicita para el máis de 21 anos de prisión, 10 anos polo primeiro e o último delito e 20 meses de cárcere polo abuso sexual continuado. Tamén reclama unha orde de afastamento e prohibición de comunicación da primeira vítima por 11 anos, dun ano no caso da segunda e de 12 anos en caso da terceira, e que se lle someta a liberdade vixiada durante 15 anos.

Do mesmo xeito, Fiscalía reclama que se lle impida desempeñar actividades que impliquen contacto con menores por un tempo total de 32 anos, sumando o tres delitos, e que indemnice á primeira vítima con 25.000 euros e á terceira con 50.000 euros.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta