Publicado o I Plan de Igualdade da Xunta: facilidade para conciliar, novas escolas infantís e salas de lactación

Contempla tamén campañas de formación e sensibilización para os traballadores e medidas para velar pola "igualdade retributiva absoluta". No tocante aos procesos de emprego público, no caso de que se produza un empate nas puntuacións das oposicións ou concursos, terá prioridade o xénero que estea infrarrepresentado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este venres a publicación do I Plan de Igualdade da Xunta de Galicia, "un marco de referencia para os poderes públicos", que recolle medidas de carácter transversal para facilitar a conciliación, crear novas escolas infantís e salas de lactación, así como elaborar un código de conduta.

O Plan foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 3 de agosto, como informou o propio presidente, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior. Alí avanzaba que o plan contén 75 medidas distribuídas en oito eixos de actuación principais. Tivo "un proceso longo de elaboración", segundo lembrou, e contou co voto favorable dos sindicatos CCOO, UGT e CSIF.

O plan contempla tamén campañas de formación e sensibilización para os traballadores e medidas para velar pola "igualdade retributiva absoluta" entre mulleres e homes. Así mesmo, no tocante aos procesos de emprego público, o plan deixará fixado (aínda que xa era algo que viña aplicando) que, no caso de que se produza un empate nas puntuacións das oposicións ou concursos, terá prioridade o xénero que estea infrarrepresentado no corpo ao que se accede. O obxectivo principal é "conformar un marco de referencia para a actuación dos poderes públicos en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia".

Sala de lactación
Sala de lactación | Fonte: Universidade de Sevilla - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta