Galicia pasará do verán ao inverno en tres días

Unha DANA trae chuvia sábado e domingo e volve o frío e a neve para a vindeira semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/05/2024 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Galicia vive estes días temperturas propias xa do verán debido á dorsal subtropical que está a afectar á Península. De feito, agardase que nas próximas horas o ambiente sexa moi estable xeneralizado e se produza un incremento das temperaturas. Con todo, tal e como adianta Samuel Biener, experto de Meteored, produciranse cambios durante o fin de semana por dous fenómenos meteorolóxicos adversos.

Unha DANA atravesará a Península Ibérica a fin de semana
Unha DANA atravesará a Península Ibérica a fin de semana | Fonte: Meteored

O primeiro fenómeno que provocará o desenvolvemento de fortes tormentas será unha DANA que, aínda que efémera, sobrevoará o noroeste peninsular. A inestabilidade irá incrementándose paulatinamente conforme se vaia aproximando. O venres comezarán os chuvascos en zonas montañosas de Galicia e norte da Península, aínda que serán aínda de pouca entidade, pero o sábado intensificaranse as tormentas en puntos de Castela e León, Ibérico Norte, vertente cantábrica e interior de Galicia.

O domingo o aire frío en altura irá cruzando a Península, polo que se prevé un ambiente moi inestable. Na primeira parte do día os chuvascos tormentosos afectarán principalmente ao Cantábrico oriental. Despois, durante as horas centrais as tormentas intensas concentraranse no Sistema Ibérico, onde irán acompañadas de bastante actividade eléctrica.

FRÍO, CHUVIA E NEVE PARA A VINDEIRA SEMANA

A partir do luns espéranse cambios importantes. O ascenso da dorsal anticiclónica polo Atlántico e Groenlandia propiciará o descolgue dunha importante masa de aire frío no suroeste de Europa, xerando unha borrasca fría e varios centros de baixas presións secundarios.

Este segundo episodio deixará precipitacións en moitas zonas de España e, ademais, o aire frío estará presente durante gran parte da semana. Espérase que vaian chegando unha sucesión de sistemas frontais que deixarán precipitacións abundantes no norte. Tamén haberá chuvascos e tormentas localmente intensas en zonas de montaña e no nordés da Península, que poderían chegar tamén a Baleares. Á vez, segundo o modelo de referencia en Meteored, a neve volverá ás principais cordilleiras do norte peninsular ao longo da semana que vén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta