Rueda: "Preocupame máis o que pide Cataluña que a lingua que se fale no Congreso"

O presidente galego xeita o uso do galego no Congreso, aínda que defende o seu uso no Senado. Será o ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, o que acuda persoalmente a presentar ante a Unión Europea a proposta española, "cunha vontade total".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 07/09/2023 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

É o presidente dunha nacionalidade histórica con lingua e cultura propia. Ten presumido de ter falado galego no Senado pero tras a polémica aberta pola proposta de varios partidos da esquerda de usar o galego, catalán e euskera no Congreso, a súa opinión muda. Alfonso Rueda di que iso non é "prioritario".

O presidente de Galicia, Alfonso Rueda, durante a súa intervención na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas celebrada no Senado
O presidente de Galicia, Alfonso Rueda, durante a súa intervención na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas celebrada no Senado | Fonte: EP

"--Feijóo-- vai ser protagonista da sesión de investidura e ten todo o dereito a facer os plantexamentos que queira. Non haberá dificultade de entendemento se se uso a lingua común", dixo Rueda en alusión ao castelán. Con todo, lembrou que el xa falou o galego no Senado e que defende o seu uso na Cámara Alta pero rexeita que usa as linguas cooficias no Congreso sexa un tema de negociación para unha investidura.

"Con todo o que estamos vivindo nos últimos días e que esta sexa a principal preocupación dos cidadáns pois non estou dacordo porque hai asuntos moito máis prioritarios como é a parálise do goberno centralou o que está pedindo Puigdemont", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

"A min o que me preocupa é o que non estamos sabendo e me preocupa máis o que pide Cataluña que a lingua que se fale no Congreso", engadiu. "Estou dacordo en que se faga no Senado pero que iso sexa unha cuestión principal no Congreso, en vez de falar do que hai que falar, a Galicia iso non lle convén", concluíu.

"VONTADE FIRME" DO GOBERNO POR IMPLANTAR AS LINGUAS COOFICIAIS

Por outra banda, o ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, asegurou que a vontade política do Goberno é "firme e total" na súa proposta para facer cooficiais o catalán, o eúscaro e o galego na Unión Europea. Así o defendeu este xoves na inauguración da Conferencia de Alto Nivel sobre Envellecemento que se celebra ata o venres en Lugo.

Segundo relatou, o 17 de agosto enviou unha carta con esta proposta á secretaria do Consello e á propia Presidencia. A iniciativa, indicou, xa está na orde día da reunión do Consello de Asuntos Xerais, onde se toman este tipo de decisións, por unanimidade. Destaca o "espírito construtivo" que puido ver nos socios europeos cos que foi tratando o tema, tanto el como outros membros do Goberno. Con todo, non será ata o 19 de setembro cando na reunión "falarán de maneira oficial". "Aí poderemos ter a temperatura real", apuntou. Ademais, avanzou que será el mesmo o que acuda persoalmente a presentar ante a Unión Europea a proposta española, "cunha vontade total".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta