A Federación Ecoloxista Galega oponse á Lei do Clima por considerala "insuficiente" para acadar un país climáticamente neutro no 2050

Reclama a elaboración dun novo anteproxecto con "participación cidadá".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2023 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) solicitou a retirada do "insuficiente" anteproxecto da Lei do Clima, aprobado o pasado 22 de xuño no Consello da Xunta, que ten como fin que Galicia sexa "climáticamente neutra" no 2050. Na mesma liña, pediu a elaboración dun novo anteproxecto con "participación cidadá para alcanzar a neutralidade climática a través dun modelo sustentable de desenvolvemento".

A FEG sinalou importantes "deficiencias no anteproxecto, alegando que carece da concreción necesaria para ser efectivo na redución de emisións de gases de efecto invernadoiro". Ademais, expuxeron nun comunicado que o "contido normativo é insuficiente" para cumprir cos compromisos que están considerados no Acordo de París.

"O anteproxecto crea instrumentos orgánicos e ferramentas burocráticas, pero non establece medidas concretas para lograr a transición cara á neutralidade climática", expresou a FEG, que tamén acusa "a falta de accións para protexer e apoiar aos sectores máis vulnerables fronte á emerxencia climática".

Paneis fotovoltaicos en piscina climatizada
Paneis fotovoltaicos en piscina climatizada | Fonte: Prensa Concello de Verín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta