A Xunta reclama que o TSXG aclare sentenzas que anulan contratos de transporte escolar a empresas de Monbus

O deputado socialista Pablo Arangüena acusou á Xunta de favorecer un "capitalismo de amiguetes" ao permitir que a compañía de transporte practique "un abuso da súa posición dominante" no mercado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2023 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A Xunta solicitou unha aclaración ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o tres sentencias que anulan contratos de transporte escolar concedidos a empresas "dominadas" polo grupo Monbus.

Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, en resposta a unha pregunta oral defendida no pleno do Parlamento de Galicia polo deputado socialista Pablo Arangüena, quen acusou á Xunta de favorecer un "capitalismo de amiguetes" ao permitir que a compañía de transporte practique "un abuso da súa posición dominante" no mercado.

O escrito de aclaración remitido ao Alto Tribunal galego débese a que a Xunta entende que as sentenzas que anulan os contratos parten dunha distinta interpretación dun dos puntos dos pregos da licitación relativo á contabilización sobre o número máximo de lotes adxudicables, como explicou Rodríguez.

Así mesmo, tras incidir en que ese punto sinalado pola Xunta non foi recorrido, o conselleiro reiterou en varias ocasións que as sentenzas sinalan que "non hai indicios fundados de prácticas colusorias" no procedemento.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez / Europa Press / Europa Press
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta