Demandan "transporte digno" para Ferrolterra e culpan da situación a Monbus e á Xunta

Denuncian "deficiencias e irregularidades" no transporte por autobús

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 20/02/2023 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Integrantes da 'Plataforma por un transporte digno para Ferrol e comarcas' concentráronse na mañá deste luns ante o edificio administrativo da Xunta na cidade naval para demandar melloras no transporte público, tanto por estrada como por ferrocarril, nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Os participantes na protesta que cualificaron de "Luns de Culpables" levaroncaretas do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o seu sucesor, Alfonso Rueda, a conselleira de Mobilidade e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o propietario de Monbus, Raúl López.

Unha das portavoces desta plataforma, Mercedes Alonso, foi a encargada de dar lectura a un manifesto, no que denunciaron que o servizo "continúa coas mesmas deficiencias e irregularidades" con "buses cheos e persoas nas paradas, reforzos que atrasan as chegadas a destino, autobuses que non pasan segundo horario ou persoas que continúan viaxando de pé".

Todo iso deriva "xornadas interminables de idas e voltas para ir ao traballo ou a estudar", segundo denunciou a plataforma, que entregou na sede da Xunta en Ferrol os resultados de 668 enquisas recollidas en distintos concellos da comarca. Este estudo, que complementan cun "dossier de queixas publicadas pola cidadanía" en redes sociais, "mostra a gran insatisfacción da cidadanía co servizo".

"É inadmisible seguir padecendo a falta de seriedade que a actual compañía adxudicataria, a UTE da que forma parte maioritariamente Monbus", aseverou a portavoz.

Integrantes Da 'Plataforma Por Un Transporte Digno Para Ferrol E Comarcas' Concentráronse Na Mañá Deste Luns Ante O Edificio Administrativo Da Xunta En Ferrol
Integrantes Da 'Plataforma Por Un Transporte Digno Para Ferrol E Comarcas' Concentráronse Na Mañá Deste Luns Ante O Edificio Administrativo Da Xunta En Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta