Non é inspiración americana, é especulación minifundista

A fotografía, feita en pleno centro de Carballo, reflicte a problemática detectada por min en máis de vinte lugares da nosa terra. Son edificios en altura, con xeometrías non proporcionadas a ela. Como o famoso Flatiron Building de Nova Iorque, pero sen a súa beleza.

Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 05/12/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

casa
casa

Xorde do aproveitamento máximo de leiras urbanas que veñen, ben da repartición progresiva da terra, ben da apertura de rúas que deixa anacos mínimos. Como no caso que se expón, chégase ao aproveitamento do soar a límites insospeitados, falamos talvez de dous metros escasos de lonxitude.

Unha das propostas que presentei á Xunta ía encamiñada a evitar estes conflitos urbanísticos, que dan unha patética imaxe das nosas vilas e cidades. Consiste na obriga de regularizar os predios antes de poder edificalos: Algo tan sinxelo como unha agrupación co veciño e, no mesmo acto, un reparto proporcional de metros cadrados en dúas (ou máis) leiras xeometricamente máis estables, sen picos.

Por pór unha pequena relación, temos fotos de edificacións deste tipo en Foz, Lalin, Poio, Rianxo, Tomiño, Vilalba, pero so se precisan dúas circunstancias que as orixinen: Predios estreitos e Planeamentos que permitan alturas.


Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.

Todos os artigos de Carlos Coto aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook