Os equipos de intervención retiraron en 2020 máis de 16.700 niños de velutina en Galicia

Foron 8.640 na provincia da Coruña, case 5.000 na de Pontevedra, máis de 2.000 na de Lugo e máis de 1.300 en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/03/2021 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O equipo de intervención de Seaga que se encarga en Galicia deste labor, retirou o pasado ano máis de 16.700 niños de vespa velutina, 8.640 na provincia da Coruña, case 5.000 na de Pontevedra, máis de 2.000 na de Lugo e máis de 1.300 en Ourense.

Vespa velutina.
Vespa velutina.

Así o indicou a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, que visitou este martes o servizo do 012 no que se reciben os avisos sobre a presenza de niños de vespa velutina, e onde lembrou a necesidade de que os cidadáns informen a través do 012 cando localicen un destes niños.

Prieto lembrou que a Xunta aprobou a semana pasada a renovación do encargo da retirada e destrución destes niños á empresa pública Seaga en todo o territorio galego, en colaboración cos concellos adheridos ao Plan de loita contra esta especie acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Un total de 300 concellos forman parte deste plan, o que supón o 96% dos municipios galegos, dos que 285 xa se uniron en 2020 e aos que agora se suman outros 15.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta