Nieves Cabo: famosa en Galicia sen buscalo por mor da covid

Ten 82 anos e é a primeira en vacinarse contra a covid-19 en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2020 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

A santiaguesa Nieves Cabo Vidal, de 82 anos e residente no centro de maiores Porta do Camiño da capital galega, foi a primeira galega en recibir a vacina contra a covid-19 en Galicia.

Minutos despois das 11,00 horas deste domingo, esta compostelá recibiu a inoculación da vacina, a primeira fornecida na Comunidade galega. Tras ela, que permaneceu en observación durante media hora e que, segundo as autoridades sanitarias, mostrouse moi contenta; foi a quenda de José Antonio Arcay, traballador da cociña da residencia Porta do Camiño, situada no centro histórico compostelán.

NIeves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina en Galicia. DAVID CABEZÓN
NIeves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina en Galicia. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA

"MOI CONTENTA"

En declaracións aos medios, Cabo confesou sentirse "contentísima" e "como nova". "Estou moi alegre por ser a primeira en dar a vacina e convido a todos a que a dean", manifestou a anciá nunha comparecencia ante os medios nunha carpa nas inmediacións do centro.

Alí, acompañada polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e pola de Política Social, Fabiola García, Neves Cabo confesou que non tiña "medo ningún" a recibir a primeira dose de Pfizer-BioNTech. Tras referirse ao virus como "o becho", desexou que "oxalá a vacina sexa boa" porque "matou a moita xente". "E deus queira que non mate a máis", engadiu.

VACINACIÓN

Porta do Camiño foi o elixido para inaugurar a campaña de vacinación en Galicia, que dispón este domingo dun primeiro envío de 500 dose que se reservan en exclusiva para a residencia Porta do Camiño.

O luns está prevista a chegada dun segundo envío de 18.000 doses da vacina contra a covid-19 desenvolvida por Pfizer que, no entanto, poderán ser fornecidas ata o martes para cumprir coa preparación requirida.

As doses entraron en territorio galego pola A-52 sobre as 7,20 horas da mañá escoltadas pola Garda Civil. Así, en torno as 10,00 da mañá, chegaron á capital para a súa posterior distribución ao centro sociosanitario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta