Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 10:25
Un home tivo que ser evacuado o mércores ao hospital, a bordo dun helicóptero medicalizado, despois de que se lle queda atrapada unha perna nas coitelas do motocultor en Rianxo .
Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pasadas as 20.00 da tarde no lugar de Asadelos, en Asados. A alerta recibiuna por parte de Urxencias Sanitarias-061, aínda que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Boiro para acometer o rescate, para así facilitar o labor dos profesionais médicos.
Aínda que tamén se avisou aos bombeiros de Ribeira, nesta ocasión bastaron os medios do parque boirense, polo que os outros deron volta pouco despois. Ademais, o 112 informou á Garda Civil e á Policía Local. O home foi evacuado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) nun helicóptero medicalizado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.