Allariz prepárase xa para RiR

O humor en curtametraxes será protagonista na segunda edición do Festival RIR que se celebrará entre os días 4 e 8 de setembro.

Por X.M. Fernández | Allariz | 13/08/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Zinemusik e EScenaSonora, coa colaboración do Concello de Allariz, organizan o Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia, un evento no que os espectadores poderán gozar da proxección dunha selección de curtas de humor procedentes de diferentes países así como doutras actividades paralelas que incluirán espectáculos infantís, teatro de rúa, música e obradoiros.

A Alcaldesa, Cristina Cid, cos representantes das dúas empresas coorganizadoras. Fonte: Concello de Allariz
A Alcaldesa, Cristina Cid, cos representantes das dúas empresas coorganizadoras. Fonte: Concello de Allariz

No eido cinematográfico, ademais do ciclo de curtas de animación, ficción e documental a competición -que serán dadas a coñecer este 15 de agosto- será de interese o ciclo dedicado nesta edición a Buster Keton e a estrea mundial da web serie "Válgame Deus" de Rubén Rodríguez.

No apartado do Festival Amigo o convidado será o FIC Via ZIV de Verín que tamén empeza a quentar motores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta