Segundo informou a asociación, as pezas seleccionadas promoven a visibilización das mulleres "máis aló" de "roles sexistas" e situándoas "como referentes sociais".
  comenta   0
A xunta de goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a asociación Xornalistas Galegas sianala que Jácome debe cesar "por completo a súa estratexia de desprezos reiterados cara aos e as profesionais do xornalismo, completamente intolerables nun cargo público".
  comenta   1
A Asociación Xornalistas Galegas pide aos poderes públicos compatibilidade entre roldas de prensa e conciliación e Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia apunta que as xornalistas "deben utilizar as súas posicións para denunciar a desigualdade".
  comenta   0
Xornalistas Galegas denuncia un vídeo de promoción da serie 'Saudade de ti' da TVG, que "aviva" as crenzas do amor romántico. A representación das traballadoras anuncia que xa traballan nunha "resposta contundente" que permita avanzar na "erradicación da manipulación informativa e do sexismo na CRTVG".
  comenta   0
O colectivo reivindica unha mellora das condicións laborais nos medios de comunicación, "que permitan avanzar na plena consecución dos dereitos reais das súas traballadoras".
  comenta   0
A asociación Xornalistas Galegas recorda o papel dos medios públicos na igualdade entre homes e mulleres tralo episodio de polémica de Land Rober.
  comenta   0
A asociación Xornalistas Galegas vén de comezar a través de Twitter unha revisión diaria dos contidos deportivos da TVG de cara a elaboral un #InformativoDeportivoEquitativo.
  comenta   1
O colectivo mantivo unha reunión con Susana López Abella para avaliar o cumprimento da prensa galega coas leis de igualdade e contra a violencia de xénero.
  comenta   0
María Varela, redactora xefa do Diario de Pontevedra; Anxos Fazáns, directora de cine; e María Obelleiro, directora de Sermos Galiza, participaron nun debate no que condenaron os "micromachismos" que atopan "a diario" e o teito de cristal que nega espazos de poder. Coidan, ademais, que hai unha "dupla e tripla" discriminación cara ás mulleres novas galegas.
  comenta   0
Elena López, unha das integrantes do colectivo, explícanos os obxectivos deste proxecto que se presenta este sábado 10 en Santiago. Nacido á par do movemento 8-M, defenden a necesidade dunha perspectiva feminista nos contidos dos medios, ademais de loitar polos dereitos laborais da muller no sector. Pretenden crear unha "rede de seguridade" que lles "permita denunciar inxustizas sen medo".
  comenta   1
O acto de presentación será este sábado na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela e contará cunha mesa de expertas.
  comenta   0
"Temos unha oportunidade única de reverter esta situación e incidir na creación dunha corrente de opinión masiva que esixa un xornalismo implicado co feminismo e a igualdade real”, apuntan no seu manifesto fundacional.
  comenta   0