O actual deán da catedral de Santiago, Xosé Fernández Lago, lembra nunha xornada celebrada no Consello da Cultura Galega como foi a súa participación no proceso de tradución da Biblia ao galego, cuxa primeira edición veu a luz no ano 1989.
  comenta   0
Foi realizada pola editorial SEPT, cun grupo de traballo no que participaron 35 persoas, coordinado polos tradutores Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga. Como conta o escritor galego Silvestre Gómez Xurxo, "foi un reto moi complicado para unha editorial tan pequena, pero logrouse". A primeira edición veu a luz no 1989 e no 2022 publicouse a cuarta.
  comenta   0