Impulsan a declaración BIC dos murais de Lugrís. Fano tras presentarse catro ofertas, unha da Administración galega, ao xulgado para a compra das pinturas.
As deputadas do Partido Popular, Ana Pastor e Irene Garrido denunciaron este venres a "privatización da sanidade penal en Galicia" e sinalaron que a día de hoxe están vacantes o 60 % das prazas de médicos nos cárceres galegos, segundo confirmou o Goberno central a través dunha resposta a unha pregunta parlamentaria dos deputados galegos do PP.
  comenta   0
A comunidade educativa de Vigo está alerta ante a posible privatización dos postos de oficiais de instalacións municipais, popularmente “conserxes” dos colexios. Estas persoas contratadas temporalmente na súa maioría, poderían perder os seus postos tras a suposta intención do concello olívico de sacar a concurso parte dos postos de traballo que, en principio, correspondería cubrir mediante bolsas de contratación.
O viceportavoz do BNG, Luís Bará, acusa tamén ao executivo galego de "parálise lexislativa" ante a falta de impulso á reforma da Lei de inclusión social.
  comenta   1
Case medio milleiro de galegos ten xa seguro médico. A patronal da sanidade privada insiste en que saen "máis económicos" que a sanidade pública, mentres que SOS Sanidade Pública denuncia a privatización paulatina do ámbito médico.
  comenta   1
Na creación do Auditorio Mar de Vigo hai dúas fases. Primeiro foi a construción do Auditorio. A edificación efectuouse nos terreos que antigamente ocupaba a empresa pesqueira Motopesqueiros de Altura Reunidos (M.A.R.). O orzamento inicial das obras era de bastantes millóns de euros. Foi inaugurado o ano 2011 polo alcalde Abel Caballero.
  comenta   1
Os socialistas defenden a xestión privada e lembra que xa se aplica en España, pero acceden a unha revisión
  comenta   0
O obxectivo desta decisión é mellorar a competitividade do transporte aéreo en España, "con niveis máximos de calidade e seguridade, de forma que contribúa a un menor prezo dos billetes aéreos e a unha maior puntualidade".
  comenta   1
Ao pasar a mans privadas, os prezos dos servizos complementarios, como material escolar, almorzo, comedor e merenda, "incrementáronse ata un 50%", denuncia a ANPA do centro.
  comenta   0
O contrato, de máis de 10 millóns, foi paralizado polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública .
A Organización galega de Comunidades de Montes pide que se declaren os montes veciñais como unha figura de protección ambiental e cultural.
  comenta   0
En calquera caso, tamén se establecen "excepcións" para que a xestión dos centros sanitarios sexa "indirecta", é dicir, a través de modelos privados, pero só como "complementaria e de apoio". "Nunca substituiría á pública", asegurou a ministra Carolina Darias.
  comenta   0
O PPdG demanda da Renfe un cambio no ancho da vía para permitir que o AVE circule a 300km/h máis alá de Ourense, un obxectivo para o que a empresa prevé contar cos trens Avril en verán. Pero a Xunta demanda o cambio de vía tamén para abrir a porta a novos provedores e, segundo o BNG, permitir a privatización do servizo ferroviario.
  comenta   0
A Consellería de Sanidade externalizou o servizo de rastrexadores nunha empresa privada que agora queda baixo a lupa polo incremento de casos activos e as denuncias contra un servizo deficiente. Namentres, a Xunta limita a información dispoñible sobre os casos en escolas, en plena alza de contaxios.
  comenta   8
"Feijóo, atende, a sanidade non se vende" foi unha das consignas que máis se escoitou nunha manifestación na que participou tamén a oposición galega. A Xunta defende a súa xestión e dirixe as súas críticas ao Goberno central e ao BNG, ao que acusa de "colocar carpas diante dos centros de saúde" de varios municipios "para que os pacientes estean fóra sen entrar".
  comenta   3
A CIG apunta a unha "externalización" de parte dos informes periciais, unha circunstancia que xa se tentou anos atrás e "non resolveu o atasco xudicial", malia saír "caro" á administración.
  comenta   0
A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Estrella López-Pardo, subliñou que a Xunta destinou 8,5 millóns de euros para a renovación dos equipos de atención primaria antes da pandemia e, xa coa covid, "mantivo o seu compromiso incrementando un 7,5% dos orzamentos en 2021".
  comenta   0
Diversas asociacións denuncian o trato que sofren dependentes e maiores nun sistema con altos niveis de privatización e o lucro como centro. A marcha terá lugar en Santiago o vindeiro domingo.
  comenta   0
A plataforma Erguer acusa á Consellería de desenvolver recortes no mestrado de profesorado e non ofrecer prazas suficientes.
  comenta   0
A xestión da pandemia COVID en Galicia está mostrando moitas eivas segundo organizacións sindicais da sanidade. Os máis de dez anos de recortes e cambios de modelos en xestión puxeron á sanidade pública en situación de estrés. Isto tivo entre outras consecuencias, que mentres se tratan os doentes de coronavirus, non hai persoal nin material abondo para atender outras patoloxías non-COVID. Tomarían nota o PP e Feijóo sobre todo isto?
  comenta   1
Un ano despois do intento de peche do paridoiro de Verín os e as profesionais sanitarias seguen denunciando a escasa atención ao hospital comarcal por parte da xerencia de Ourense. Os argumentos para pechar o paridoiro quedaron desmontados segundo fontes sindicais. Agora o expediente a un xinecólogo fai sospeitar a parte do persoal e da veciñanza de que existen motivos “escuros” que buscan continuar a política de desmantelamento do centro hospitalario.
  comenta   0
A protesta tivo lugar de forma simultánea a outras concentracións organizadas no conxunto do Estado alertar dun "novo colapso" do sistema sanitario pola "deterioración e a privatización".
  comenta   1
O 23 de setembro declaraba ante o xuíz, Miguel Fernández, xerente do Centro Tecnolóxico da Carne. Acusacións de presunta malversación de fondos, falsidade e prevaricación son os presuntos delitos que se investigan desde 2017. Forzas políticas da oposición denuncian o desmantelamento dos centros de investigación agraria competencia da Xunta e, no seu canto, apunta a creación de fundacións creadas para favorecer intereses privados e mercantilistas.
  comenta   2
Os sanitarios alertan da posible venda ou acceso aos nosos datos sanitarios por parte de empresas privadas. Sanidade non responde quen e como fará os rastrexos da COVID, só di que se está formando xente para isto e que o número de rastreadores é “suficiente”.
  comenta   0
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública responsabiliza ó executivo de Feijóo da chegada de grandes grupos extranxeiros á sanidade privada galega.
Alberto Núñez Feijóo inicia a súa cuarta lexislatura cunha axenda de cuestións pendentes desde que tomou posesión por primeira vez en 2009. Un punto importante é a sanidade pública, onde a atención primaria, os réximes de contratación, a externalización e o réxime de concertación coa sanidade privada e o COVID-19 non parecen constar ou polo menos, non parecen preocupar ao inquilino de Monte Pío.
  comenta   6
A Asociación para a Defensa da Sanidade Pública considera que o executivo do PP dará "un novo impulso á privatización e o desmantelamento" do sistema públco atendendo ás presións de POVISA e demais empresas.
  comenta   0
CCOO denuncia a Administración paralela da Consellaría de Cultura para as intervencións no patrimonio. Rexeita a privatización deste servizo público e critica que se utilicen fondos públicos para realizar labores que debería acometer o persoal propio da Xunta.
Para o sindicato de enfermaría isto leva a que"no canto de asumir a responsabilidade de dotar estes servizos con persoal suficiente, prefiren deixalos en mans de empresas privadas".
  comenta   0
Enxalza a súa xestión, a pesar de ter que pechar toda a comarca da Mariña por un gran foco, e critica ao Goberno: "O atraso da alerta epidemiolóxica custou miles de vidas".
  comenta   2