Desactiva o plan anticontaminación autonómico ante a "baixa incidencia" na chegada de pélets á costa.
  comenta   0
Preparación de nanopartículas de ouro, obradoiros de termografía infravermella ou identificación de microplásticos. A UVigo conmemora todo o mes de febreiro o Día da Muller e da nena na Ciencia.
A Consellería do Mar abriu esta proposta publicitaria o 5 de xaneiro para realizar rutas gastronómicas por Galicia utilizando foodtrucks.
  comenta   2
Segundo precisou Teresa Ribera, estímase que "entre 160.000 e 250.000 toneladas" de pequenos pélets de plástico aparecen nas praias cada ano en todo o mundo. Tamén se poden atopar nas canles fluviais e "en sitios insospeitados, en forma de nanoplásticos ou microplásticos que acaban incorporándose á cadea trófica".
  comenta   0
O famoso Plan Camgal expón como medida fundamental nos procesos de limpeza "non utilizar medios mecánicos porque poden afectar á biodiversidade da zona". Mais o descoñecemento nun primeiro momento levou a varios concellos a cometer erros.
  comenta   0
Alo menos oito incidentes con vertedura de microplásticos tiveron lugar no mundo dende o ano 2011 a causa do transporte de mercadorías contaminantes por mar.
  comenta   0
Eurodeputados piden reforzar normas UE para evitar verteduras de pélets. O debate sobre a utilización política desta crise tamén se traslada a Bruxelas.
  comenta   0
O comité de expertos que avaliará o impacto das verteduras plásticas no mar reunirase este venres. Segundo Meteogalicia, un cambio nos ventos debería mover os microplásticos "cara ao Golfo de Biscaia sen chegar de maneira masiva ao litoral galego".
  comenta   0
Conta a Galicia Confidencial que abrir as portas da súa casa non é "nada raro" para ela, pois "a min paréceme como do máis normal, como di a frase esta de que 'o pobo salva ao pobo', e para nós sería outra forma de poder axudar dende a outra parte, e estariamos encantados".
  comenta   0
Así o aseguran dende a Xunta. O helicóptero de Salvamento Marítimo buscou pélets na zona de Valdoviño onde Gardacostas atopou un saco intacto, pero non obtivo resultados. Rueda ironiza con que "atópanos os pescadores e o Goberno non atopa nada".
  comenta   0
Chama a ter coidado coa masificación das praias, pois ao pisar os pellets poden introducirse máis na area. Tamén di que, ao angazar os areais, pódese destruír o hábitat de moitos animais, aínda que os voluntarios traten de organizarse. "Evidentemente os voluntarios fano por ben, pero deben ter moito coidado", alerta.
  comenta   0
Tomás, ademais, é estudante de Fotoxornalismo en Barcelona, polo que tamén cre que é importante "documentar fotograficamente esta vertedura" e "o traballo que están a realizar os voluntarios". Así nolo contan a Galicia Confidencial.
  comenta   0
A Xunta mantén activo este sábado un operativo de 300 persoas en 54 praias de 35 concellos, cun dispositivo con dous helicópteros, cinco buques e sete embarcacións no mar. O avión de Salvamento Marítimo sobrevoou este sábado a zona de cabo Silleiro-Ortegal sen atopar sacos de pélets
  comenta   0
"Vemos que moitos concellos non saben ben que facer ou están actuando de boa fe, pero equivocándose en determinadas cousas, e parécenos importantísimo que teñan indicacións claras de como proceder, do que poden e non poden facer nos seus areais", argumenta o experto.
  comenta   0
A ONG catalá Plastic Free Wave organizou unha limpeza de praias en colaboración con este colexio. Elia Planas, voluntaria da asociación, falou con Galicia Confidencial durante esta recollida de microplásticos e asegurou que, "ao final, canta máis precisión, mellor, e con nenos creo que nos irá ben, porque teñen mans máis pequeniñas".
  comenta   0
"Síntome impotente aquí sentada, na pedra dunha praia de dous quilómetros de lonxitude, apañando con escoba e recolledor os pélets da area e tratando de separalos das algas a man, mentres as mareas seguen traendo máis e máis", cóntanos a Galicia Confidencial unha veciña de Santiago que quixo aproveitar as súas vacacións para, "en lugar de tomar o café, estar botando unha man" na praia de Espiñeirido, entre Ribeira e Porto do Son.
  comenta   0
O Executivo remitirá este xoves a petición formal ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, coas necesidades de Cantabria para facer fronte aos traballos necesarios ante a chegada destes microplásticos ás súas costas.
  comenta   0
Acompañado polo conselleiro do Mar, Daniel Castro, dixo que o Prestige foi o "mellor paro biolóxico da historia". Da xestión que o PP fixo entón ten dito que "nin foi boa nin mala" e que "á xente pagóuselle cada 15 días, e iso fíxose ben". Lembramos as polémicas declaracións que ten feito nos últimos meses.
  comenta   1
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia (A Coruña) acordou incoar dilixencias pola posible existencia dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente pola vertedura de pélets na costa galega, tras a perda de carga dun buque fronte a Portugal o 8 de decembro.
  comenta   0
A secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, advertiu de que "aquí a única contaminación que hai é a contaminación política da oposición que pretende sacar rédito electoral dun tema que para nós é de especial importancia".
  comenta   0
A toxicidade para a Daphnia (invertebrado acuático que se emprega como modelo para valorar a toxicidade dunha sustancia) tería una CE50 (concentración que causa un 50 % de mortalidade) de 160 mg/L, o que a catalogaría como pouco tóxica.
  comenta   0
A ministra Ribera ve un "erro" a xestión da Xunta dos microplásticos: "Non queren a nosa axuda". Mentres, * ecoloxistas de Asturias instan as administracións a recoller os microplásticos "de forma segura".
  comenta   1
Din que existe "perigo" en que peixes grandes coman estes pellets e que morran "atragoados. Non o ven comparable coa "insuperable" catástrofe do 'Prestige' pero lamenta que é "outro golpe" na mesma zona.
  comenta   0
O Principado activa o Plan de Continxencia Mariña poucos días despois de atoparse os primeiros restos e está en coordinación cos concellos e o Goberno central. Sumar di que estuda denunciar á Xunta pola súa "inacción" nesta crise. O ministro Puente asegura que o Goberno non pode actuar ata que non se declare o nivel 2 de alerta.
  comenta   2
Organizacións ecoloxistas dan consellos de como actuar ante a nova catástrofe das praias galegas e piden que os e as voluntarias que acudan as praias o fagan de xeito organizado.
  comenta   0
O contido de metais destes plásticos relacionouse con varios criterios ou características dos plásticos seleccionados como cor, estado de degradación ou polímero.
  comenta   0
A fórmula do deterxente, que contén ingredientes de alta eficiencia, foi testada en laboratorio con diferentes tipos de tecidos e en distintas condicións de lavado, segundo explica o grupo fundado por Amancio Ortega.
  comenta   0
Científicos da Universidade de Santiago desenvolven un novo modelo para controlar as dinámicas de plásticos e microplásticos desde a súa entrada no mar. Alertan de que a maioría se acumula nos fondos mariños, o 80% procede de actividades en terra e as verteduras están aumentando.
  comenta   0
Santiago de Comostela acolleu esta semana a 12 Conferencia Micropol & Ecohazard, que reuniu 300 especialistas no tratamento de augas.
  comenta   0
Unha investigación realizada en Galicia mostra como a fragmentación e degradación das máscaras cirúrxicas no medio acuático perturba a función reprodutora do peixe cebra. Unha evidencia máis que se suma ás múltiples alertas sobre a ameaza que supoñen para os ecosistemas mariños os centos de millóns de máscaras que acaban en mares e océanos, aumentando a contaminación por plásticos e microplásticos.
  comenta   0
Investigadores do IEO confirman que a maioría de microplásticos na ría de Vigo son fibras e láminas de pintura. Un 30 % dos plásticos analizados resultaron son polietileno (PET).
Ecoloxistas en Acción denuncia a mala situación das masas de auga costeiras das Rías de Vigo e Arousa, onde a presenza de microplásticos afecta ao marisqueo.
Científicos alertan da presenza destes materiais sintéticos nos sedimentos de todas as rías e fronte á desembocadura do río Miño.
  comenta   0
Científicos atopan partículas de polímeros sintéticos no 78 % de mostras de exemplares destas especies capturados para un estudo en todo o Cantábrico e en augas atlánticas de Galicia.
  comenta   1
Un estudo científico identifica partículas de plásticos nas bólas formadas por restos de alimentos non dixeridos e regurxitados polos corvos mariños cristados da colonia de Ons. Os investigadores cren que os restos de nailon e poliéster atopados proveñen dos aparellos utilizados no cultivo de mexillón.
  comenta   0