A Federación Galega de Espeleoloxía e integrantes do Incipit realizaron unha exhaustiva limpeza das covas do Pico Sacro permitindo unir duas cavidades que estaban cheas de lixo.
O presidente da Xunta anuncia un novo complexo, o Centro de Ciberseguridade de Galicia, nun pequeno espazo no que ía estar o Teatro da Ópera.
  comenta   0
Falamos con Antonio De Ron Pedreira, delegado institucional do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, sobre o impacto da crise sanitaria, social e económica nos centros de investigación en Galicia.
  comenta   1
GC publica a carta de resposta enviada a este medio por investigadores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) na que cuestionan as premisas dun traballo académico publicado por científicos adscritos ás universidades de León, Autónoma de Madrid, Leiden e Nova York sobre estudos feitos en Galicia sobre o patrimonio bioarqueolóxico, as desfeitas neste e os retos para a súa conservación.
  comenta   0
O CSIC trasladará o Instituto de Ciencias do Patrimonio ao futuro Edificio Fontán do complexo do Gaiás. O complexo triplicou o orzamento previsto desde o comezo das obras.
  comenta   2
ConsejoSuperior de Investigaciones Científicas aportará 2,4 millóns de euros polo uso das instalacións do Gaiás durante os próximos 20 anos.
  comenta   0
Investigadores publican os resultados das análises químicas dos restos do galeón 'Santiago de Galicia', afundido en 1597 en Ribadeo, e da fragata da Armada española 'Santa María Magdalena', botada en 1773 en Ferrol e que foi a pique en 1810 en Viveiro. Os resultados evidencian que os cascos destes navíos foron construídos con madeira de carballo do noroeste peninsular e que en Europa se teceron rutas comerciais para o subministro de distintos tipos de madeiras destinadas ás frotas española e portuguesa, sendo o "motor da primeira globalización".
  comenta   0
O Instituto de Ciencias do Patrimonio, do CSIC Galicia, dá a coñecer parte dos resultados da súa liña de investigación sobre esta problemática, centrándose nas desfeitas ocasionadas no illote de Guidoiro Areoso.
  comenta   0
O CSIC, mediante o Incipit, resume a ritmo de blues, en dous vídeos, os traballos realizados nunha das necrópoles megalíticas máis espectaculares do continente.
  comenta   0
Os científicos argúen que só un aumento substancial no número de visitantes permitido orixinal tería un impacto económico relevante, pero ameazaría a sustentabilidade física da cova.
  comenta   0
O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC en Galicia estudou durante os últimos anos estes restos, que non foron reclamados nin puideron ser identificados. Agora serán entregados aoMuseo da Guerra Civil de Abánades até que sexan soterrados.
  comenta   0
Unha tese desenvolvida no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) propón unha nova metodoloxía aplicada con bos resultados a elementos do patrimonio arqueolóxico de Galicia.
  comenta   0
O Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) pon en marcha un sistema web para que alumnos de 12 e 13 anos compartan contidos creados por eles sobre o patrimonio cultural da súa zona.
  comenta   0
Os organizadores presentaron en Göttingen, Alemaña, o vídeo promocional do Congreso da Sociedade Internacional de Etnoloxía e Folclore que terá lugar na capital galega.
  comenta   0
No castro de Cano dous Mouros, en Oia, atópase unha rocha con forma de trono onde a lenda di que se sentaba o Rei Sol a contemplar o solpor. Un documental explica as características do xacemento e o proxecto de recuperación deste espazo para os veciños.
  comenta   0
A delegación galega do Consejo Superior de Investigaciones Científicas organiza actividades de divulgación científica en varias localidades do país.
  comenta   0
A metodoloxía, desenvolvida por Patricia Martín Rodilla no Incipit, permite crear todo tipo de aplicacións para axudar aos investigadores na análise de información arqueolóxica.
  comenta   0
O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC está a traballar en Galicia no deseño de novas e innovadoras ferramentas de software para organizacións implicadas na xestión de información patrimonial.
  comenta   0
Felipe Criado e César Parcero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, manteñen unha conversa con GC sobre esta magna obra, recén publicada por Xerais, na que se recollen vinte anos de investigacións en Galicia sobre arqueoloxía da paisaxe, dende a Prehistoria até o Medievo.
  comenta   2
Do total de axudas, 100 destinaranse a bolsas de apoio ao programa predoutoral e as 55 restantes co programa de apoio á formación da etapa postdoutoral.
  comenta   0