Os creadores do novo test destacan que o seu método “pode ser máis sensible que a maioría dos dispoñibles no mercado para a detección do SARS-CoV-2”. Outro equipo de investigadores galegos desenvolveu un modelo de intelixencia artificial para predicir a demanda de camas hospitalarias e UCI para enfermos de covid-19.
  comenta   0
A porcentaxe é dous puntos maior que no conxunto de España, segundo un estudo de Juan Ramón García, investigador do BBVA Research. En xeral, os ocupados no sector servizos teñen menor probabilidade de ser substituídos por máquinas cós da industria ou da agricultura. A probabilidade de automatización diminúe co grao de responsabilidade, o nivel educativo, a disposición a participar en accións formativas e a adopción de novas formas de emprego, como o teletraballo.
  comenta   2
O investigador galego David Vilares Calvo recibe un premio estatal de Informática polo seu traballo, centrado na análise de sentimentos nas redes sociais. Este enxeñeiro informático predí que no longo prazo as máquinas poderán interpretar sentimentos humanos.
  comenta   0
Vicente Moret-Bonillo, profesor da Universidade da Coruña, investigador do CITIC, afonda nas posibilidades que ofrecerá a combinación destes dous campos de investigación.
  comenta   1
A Xornada de Usuarios da Red Española de Supercomputación e a Conferencia do HPC Advisory Council celebraranse en Galicia os días 28 e 29 de setembro.
  comenta   0
O Grupo Integrado de Ingeniería (GII) da UDC presenta no congreso IWINAC, sobre intelixencia artificial e computación, os seus "prometedores" avances no desenvolvemento dun sistema que mellora a aprendizaxe e o recordo dun robot Baxter.
  comenta   0
Un equipo formado por expertos do CITiUS (Universidade de Santiago de Compostela), da empresa galega Imaxin∣Software e do IXA Nlp Group da Universidade do País Vasco creou un mapa mediante computación que cuantifica as distancias entre 44 idiomas de Europa. A rede de nodos resultante evidenciou que o galego escrito ten como máis próximo o castelán, mentres que o portugués ten como língua escrita máis próxima o galego. O inglés sitúase como núcleo do mapa. Pablo Gamallo, un dos seus autores, explícanos o modelo aplicado e os seus resultados.
  comenta   11
Tec&tea é unha iniciativa de alfabetización dixital crítica que pretenden educar aos nenos, e non tan nenos, sobre os valores da tecnoloxía.
  comenta   1
Un equipo da Universidade da Coruña vén de publicar un artigo no que expón unha metodoloxía baseada en algoritmos computacionais para predicir patróns de crecemento de tumores.
  comenta   0
A empresa mostrará o seu sistema de comunicación alternativo nas IV Xornadas 'Seguridade, Defensa, Tecnoloxías Matemáticas e Computacionais' que se celebran na Coruña, organizadas polo ITMATI e o CITIC.
  comenta   0
O profesor do departamento de Computación Carlos Gómez Rodríguez logra unha bolsa 'starting grant' para investigar nos próximos cinco anos na posibilidade de lograr "comunicarse co ordenador coma se fose unha persoa".
  comenta   1
Javier García Tobío —director xerente do Cesga—, Fernando Suárez Lorenzo —presidente do CPEIG— e o xornalista Henrique Neira participan nesta conversa que parte do libro 'Historia da Informática en Galicia. Unha cronoloxía'.
  comenta   0
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia recolle nun volume a cronoloxía dos acontecementos máis importantes arredor da computación no noso país e das ciencias que a acompañan. O libro preséntase hoxe na Cidade da Cultura.
  comenta   0
Pola súa produción científica total, a USC é a décimo segunda de España e a 360ª de entre 842 universidades de 53 países, segundo o ránking Leiden.
  comenta   0
Investigadores da Universidade de Vigo poñen en marcha este novo recurso de lingüística computacional, baseado no WordNet e empregado por Google Translate como apoio no proceso de tradución.
  comenta   1
Investigadores do CiQUS e da institución británica publican as conclusións dun traballo que analiza o comportamento da membrana celular perante a presenza de nanotubos, servíndose de distintas técnicas de supercomputación.
  comenta   0
O 1 de abril, o CESGA puxo en produción para toda a comunidade o novo supercomputador FinisTerrae 2, co que se incrementan notablemente as prestacións do servizo de cálculo do instituto público.
  comenta   0
O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo estrea un servidor de cálculo científico de altas prestacións que permitirá a xestión de grandes volumes de datos e o seu almacenamento.
  comenta   4