Artigos de Pablo Vaamonde

“El orden invisible de las cosas”, terceira novela de Fernando Ontañón

Fernando Ontañón, que se deu a coñecer como escritor en 2010 con Relatos invisibles, ven de publicar o seu terceiro libro de narrativa, El orden invisible de las cosas (Ézaro Ediciones, 2016), no que se confirma como unha figura emerxente da literatura española actual. Este cántabro (Santander, 1972) afincado na Coruña desde hai anos, ten unha decidida vocación literaria que o ha converter, máis cedo que tarde, nun autor de referencia.

Os curandeiros e a medicina oficial

O pasado 12 de novembro celebrouse en Lugo unha interesante Xornada de Literatura Oral Tradicional, dedicada nesta ocasión á medicina popular, á que asistiron un centenar de persoas, sobre todo do mundo da docencia. Vai xa pola novena edición este evento tan importante para a recuperación da nosa cultura popular.

Camilo cumpre oitenta anos

Camilo Nogueira vai cumprir oitenta anos e un grupo de amigos está a organizar unha merecida homenaxe, que se vai celebrar o vindeiro once de novembro en Santiago de Compostela. Pretenden que sexa un acto alegre, plural e con moita concurrencia.

A necesaria restauración da sanidade pública en Galicia

A sanidade pública galega, durante os dous mandatos de Núñez Feijoo, foi sometida a un proceso de degradación permanente. Non foi por causa da crise nin provocada pola incompetencia do goberno; pola contra o Partido Popular, desde o poder, foi moi eficaz para aplicar de xeito contundente unha estratexia de desmantelamento dos servizos públicos coa finalidade de crear espazos de negocio favorables aos intereses financeiros e ás empresas afíns, que conseguen beneficios a expensas do erario público.

O porvir de Galicia

Galicia está nunha encrucillada. Na próxima consulta electoral xógase o seu futuro. Podemos continuar pola senda trazada nos últimos anos polo goberno do PP, que nos levou a ser un país máis vello e máis pobre, ou tentar recuperar a confianza en nós mesmos e alimentar a ilusión de construir un futuro mellor para os nosos sucesores. O porvir de Galicia está nas nosas mans.

O rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro

SOS Sanidade Pública continúa co seu traballo para rescatar o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de mans privadas. Ten en marcha un proceso de información permanente por medio das redes sociais e iniciou unha campaña decrowfounding, para contribuir a sufragar os gastos derivados dos trámites xurídicos necesarios para presentar a denuncia contra a privatización do HAC ante a Comisión Europea.

“Constantes e vitais”: saúde e medios de comunicación

Do 9 ao 13 de xuño celebrouse en Dresde a reunión anual do poderoso Club Bilderberg, que está presidido polo nobre francés Henri de La Croix de Castries (quinto conde do seu nome e CEO de AXA Group). Fundado en 1954 o núcleo do Club formárono políticos, financeiros e grandes corporacións. A lista de asistentes está integrada por representantes das elites económicas de EEUU e Europa. Este ano de España só invitaron a catro persoas: Ana Patricia Botín, César Alierta, Juan Luís Cebrián e Luís Garicano. Nunca fan declaracións nin emiten comunicados: todo o que alí falaron seguirá no máximo secreto.

A censura e a petición de rescate

No mes de marzo deste ano as protestas continuaban no novo hospital de Vigo (HAC); as demandas dos cidadáns acentúanse e a preocupación social non mingua. A Administración sanitaria está incómoda, as continuadas críticas resúltanlle incómodas. Así é que recorre a un método moi antigo: tapar as bocas dos que protestan.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.