Artigos de X.M.Álvarez Caccamo

Da tradución como instrumento de censura

Xa non abonda coa desaparición dos xornais galegos –os que falaban na lingua propia de Galiza- en cadoiro mortal que consumou o seu curso en dous anos, os mesmos que leva Alberto Núñez Feijoó á fronte do goberno da Xunta.
Xosé María Álvarez Caccamo Xosé María Álvarez Cáccamo naceu en Vigo no ano 1950. Poeta e crítico literario, ten publicado ademais obra narrativa, teatral e literatura para crianzas. É autor de poemas-obxecto e visuais. É autor, entre outros, dos seguintes libros de poemas : Praia das furnas (1983), Arquitecturas de cinza (1985), Os documentos da sombra (1986), Luminoso lugar de abatimento (1987), Cimo das idades tristes (1988), O lume branco (1991), Calendario perpetuo (1997), Os cadernos da ira (1999), Vocabulario das orixes (2000), Vento de sal (2008) e Cántico dos topónimos esdrúxulos (2010). En Ancoradoiro. Obra poética (1983-2003) reúnense os seus libros de poesía publicados até ese momento, dos que se ofrece unha ampla selección na escolma titulada De sombras e poemas que son casas (2010). Memoria de poeta (2006) é o título da súa autobiografía. Tempo do pai (2008) recolle a evocación da vida do seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez. As súas colaboracións críticas están dedicadas fundamentalmente á poesía galega da segunda metade do século XX e foron recollidas no libro Espazos do poema (2009).