Artigos de Xosé Glez.

65 aniversario do primeiro congreso da emigración galega

En 1956 celebrouse en Buenos Aires o Primeiro Congreso da Emigración Galega. Un feito sen precedentes na historia da diáspora. Durante os días 24 ao 31 de Xullo acudiron á capital bonaerense moitísimos representantes das entidades societarias de Cuba e continente americano.

Ser diferentes para sermos existentes

O pasado día 22 celebrouse no Parlamento de Galicia o acto de entrega da XXVII edición dos premios de pùblicidade en galego que anualmente convocan o propio Parlamento, Secretaría Xeral de Política Lingüística e Foro E. Peinador do que son presidente. O obxectivo destes premios é premiar ás empresas e axencias de comunicación polo uso da lingua galega nas mensaxes publicitarias en todos os formatos habituais (prensa, radio, televisión e internet).

Bandos municipais

Os bandos son comunicacións que a lexislación atribúe en exclusiva aos alcaldes. Noutros tempos adoitábanse divulgar nas tabernas e paus da luz das parroquias, nos que aínda hoxe as empesas mortuorias fixan as necrolóxicas para anunciaren os actos de sepelio dos veciños falecidos.

Calendario galeguista

Un idioma estase a facer decontíno. Xorden palabras novas segundo as circunstancias; algunhas incorporáronse ao noso acervo lingüístico e outras,despois dun tempo de uso, desaparecen.

Almanaque Agrícola ZZ

Ao longo da miña vida teño estado en moitisimas casas labregas onde nunca mirei un libro escrito en lingua galega. Sen embargo era común que houbese unha colección do “Almanaque Agrícola ZZ”; unha publicación de 80-85 páxinas dedicada á divulgación de produtos químicos para combateren as pragas do agro galego elaborados por Zeltia Agraria,S.A nos seus laboratorios do Porriño.

Nós, Enrique Peinador e Mondariz-Balneario

Días atrás celebramos no Concello de Mondariz-Balneario unha homenaxe a Enrique Peinador Lines coa descuberta na Casa do Concello dunha placa que incorpora un Código QR para descargar a biografía do homenaxeado, con este texto: “A Enrique Peinador Lines no centenario da senlleira revista “Nós”. A súa achega foi un elo máis do seu labor de compromiso emprendedor transversal, modernizador e galeguista co País”. O acto foi promovido polo Foro E. Peinador e coordinado pola sempre eficiente Carme Vaquero que contou cos patrocinios do Concello e Secretaría Xeral de Política Lingúística.

Eau de Parfum, eau de Cologne

As coñecidísimas marcas da perfumería francesa, Giorgio Armani, Dior, Paco Rabanne, Yves Saint Laurent, Chanel, Jean Paul Gaultier… están a facer este mes unha campaña publicitaria dos seus produtos en todas as canles de televisión no idioma do seu país.

Arquivos municipais

Celebrouse días atrás un xuízo no Carballiño contra un exalcalde e catro rexedores máis no que tiveron que declarar ao pé de 60 funcionarios municipais. Unha das funcionarias declarou que “no arquivo do Concello pode entrar calquera, non ten unha grande dificultade. Desde a rúa podería entrar calquera e non se decataría ninguén”. Total, que aquel arquivo era un pendello. Tanto, que ela presenciou “como a documentación era tirada en carretillas ao camión da brigada de obreiros”. Eu pensei que exemplos coma os descritos xa non existían. Pero si que os hai.