Temas: HUMOR MODA ZARA

'Zara Pastrosa', a nova liña de moda do xigante Inditex

Amancio Ortega, propietario de marcas como Zara, Bershka ou Stradivarius, decide apostar agora por un público desleixado e descoidado.

Por GcToday | A Coruña | 09/06/2019 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O casual está a quedar atrás e as tendencias actuais apuntan cara a un novo estilo sucio, desleixado e mesmo abandonado.

'Zara Pastrosa'
'Zara Pastrosa'

En palabras de Amancio Ortega, responsable supremo da firma, trátase de pezas que non desentoan hoxe en día polo seu aspecto precario e luxado pois están de moda máis que nunca nunha sociedade como a actual, en crise e moi preocupada pola sostenibilidade.

Así as cousas, Ortega ten previsto abrir en breve unha nova liña de tendas de roupa chamada 'Zara Pastrosa', e o primeiro país que poderá gozar delas será España. O normal nestes casos é que a imaxe do lanzamento da nova liña de roupa sexa algún personaxe coñecido, aínda que todo indica a que se realizará un casting entre parados/as de longa duración e sen recursos para escoller e contratar aos modelos que lucirán este "new look" en escaparates, pasarelas e soportes publicitarios. Amancio Ortega faría, unha vez máis, gala da súa filantropía e compromiso cos máis necesitados.

Temas: HUMOR MODA ZARA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Eva Barreira

Inditex: ¿dónde fabrica el gigante textil? La compañía tiene 10 fábricas propias en Arteixo (A Coruña), el 57% de la producción de Inditex se agrupa en lo que la empresa denomina cercanía (Portugal, Marruecos y Turquía); el resto de países con los que TRABAJA PERO DE FORMA NO EXCLUSIVA PARA LA FIRMA están en: India, Pakistán, Bangladés, Vietnam, Camboya, China, Argentina y Brasil. A ver si leemos algo ainda que sexa un pouquiño e nos informamos ben antes de tanto criticar.

4 Arteixana

Seica D. Amancio tamén vai doar 250 millóns de euros a ONGs galegas pra recuperar a lingua, eliminar eucaliptos, coidar xacementos arqueolóxicos, repoboar especies en perigo de extinción e ata abrir novas tendas de ZARA con roupa feita en Galiza por galegos!

3 eutamén

2 Pitito

A mesma liña que visten aqueles que elaboran e manufactirab os seus produtos en Paquistan, a India ou Ceilan por salarios miserábeis? Pois o Amancio e Cia superanse, e os consumidores do produto tamen

1 eusi

E logo ese "público estaban todos en liña" e desfixeron a fila? Así quedaron desaliñados:Non sabía eu que a moda interviña en tales cuestións...A este xornalista non lle viña mal usar calquera dos dicionarios en liña GRATUÍTOS, que existen...

1 GalegON

Seica xa correxiron. 'Público desleixado'.